A FESTA DA CANDELORIA
A Virxe da Candeloria é unha festa relixiosa que se celebra o día 2 de febreiro. Consiste na bendición das candeas que despois serán utilizadas na celebración da Semana Santa.
Neste día, o crego vendí as candeas que a xente mantén acesas durante a misa e que logo levan para a casa. Esta festa está relacionada coa Purificación da Virxe María e a Presentación do neno Xesús no templo, o nome de Candeloria está orixinado pola procesión realizada dentro da igrexa coas candeas bendicidas.
Pero ao igual que ocorría coa festa do San Martiño, esta é unha festa relixiosa que se entremezcla coas tradicións populares. En Galiza a Candeloria significaba o final do inverno e o comezo do ano agrícola. De modo que a candea que se acendía en cada lar para conmemorar esta data simbolizaba o regreso da luz. O seu significado propiciatorio foi recoñecido en toda a Cristiandade Occidental, e as candeas que os devotos levaban á igrexa para que as bendecira o sacerdote na misa dese día, considerábase que adquirían poderes sobrenaturais para afastar aos malos espíritos, ás treboadas e tamén para axudar a calquera nun trance difícil.
Por todos este motivos a linguaxe popular galega ten moitos ditos e refráns relacionados coa festa da Virxe da Candeloria, como por exemplo:
Algúns referidos á climatoloxía:
“Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar”.
Algúns referidos ao comezo da primavera, como o día en que se casan os paxariños:
“A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa”.
E algúns referidos ao encantamento das cobras, xa que nalgunhas comarcas se cría que invocando o poder da Virxe podíase manter lonxe dos campos calquera tipo de serpe:
“Santa Candeloria me ampare esta cobra”
Pois de todo isto falamos na clase de Reli e despois pintamos uns debuxos da Virxe da Candeloria que esperamos vos gusten moito:
Os máis pequechos pintamos este:
Os máis maiores pintamos este:
Feliz día da Candeloria 2014. Moitos bicos e ata a próxima!
- APIs de Blogue