Da Escola de Abuin á aldea de Brión
Os alumnos e alumnas da Escola de Abuin e de Brión, proceden das dúas aldeas que dan nome á escola. O paseo que se propón achéganos á aldea de Brión, rica en elementos de interés para observar, e investigar: conxunto de Crucerio dos Meniños ao pé da Escola, Cruceiro de Capeliña e Fonte, Capela dos Desemparados, Pazo dos Torrado. Na aldea abundan construcción antigas, nalgúns dinteis podemos ver casas datadas en 1.700 e 1.800, no alto da aldea tamén podemos observar un fermosa pombal e diversas graneiras. Mais alonxada da escola e da aldea atópase o xacemento dos Petroglifos dos Mouchos.
»
- APIs de Blogue