BO NADAL !

Chegou o Nadal ás nosas escolas e os nenos e nenas de Relixión do CRA de Rianxo queren desexarvos un moi BO NADAL a todos e a todas. Nestas datas tan entrañables os nosos nenos/as querían felicitar as súas familias, e como xa sabedes que aos nenos/as de Relixión gústanos moito facer agasallos, este ano agasallamos as nosas familias cun libriño de Nadal onde recollemos os traballos que fixemos ao longo deste mes de decembro.

O primeiro xa o coñecedes é unha Candea de Advento o segundo, como non, é un precioso Portal de Belén. Nestes últimos días traballamos moito

 

limos e repasamos a historia do Nadal

 

coloreamos e decoramos os nosos portais, bueno menos os nenos de tres anos que fixeron un neniño Xesús:

os de 4 e 5 anos fixemos o seguinte portal:

E os de 1º Ciclo de Primaria fixeron o seguinte:

Non digades que non quedaron chulísimos! Pero ademais de todo isto tamén o pasamos moi ben e nos demos moito cariño:

 

E por último, pensando en todos vós se nos occorreu poñer uns simpáticos gorros de Papa Noel e facer unhas fotos para vos felicitar as festas:

 

Como cada ano, queremos desexarvos a todos e a todas unhas moi felices festas, que o ano novo 2014 entre nos vosos fogares cheo de amor, paz e prosperidade. Este ano a nosa felicitación é un pouco especial, ven recollida na presentación de imaxes, esperamos que vos guste:

 

Pois nada, de todo corazón moi, moi bo Nadal, e moitos bicos dos nenos e nenas de Reli. Vémonos despois das vacacións!