SURFEANDO !!!

DENDE QUE NOS ENTERAMOS DE QUE O MESTRE JUAN PRÁCTICABA SURF, PEDÍMOSLLE QUE UN DÍA NOS TROUXESE Á ESCOLA A SÚA TÁBOA PARA VELA EN DIRECTO.

E COMO O PROMETIDO É DEUDA... HOXE O MESTRE JUAN SORPRENDEUNOS COA SÚA ENORME TÁBOA DE SURF !!!

 NESTA SESIÓN TEÓRICA DE SURF APRENDEMOS MOITAS COUSAS COMO POR EXEMPLO:

- QUE AS QUILLAS SON OS ALERÓNS QUE VAN BAIXO A TÁBOA E QUE SERVEN PARA FACELA XIRAR, NORMALMENTE LEVAN 3.

- QUE O GRIP É UNHA GOMA QUE LEVA NA PARTE DE ATRÁS E QUE SERVE PARA NON ESVARAR.

- QUE O INVENTO É A CORDA QUE VAI ATADA Ó PÉ E QUE SERVE PARA QUE CANDO TE CAES NON SE ESCAPE PARA A ORILLA.

- QUE Á TÁBOA SE LLE VOTA UNHA CERA PARA NON ESVARAR QUE SE CHAMA PARAFINA.

-OU QUE O TRAXE QUE LEVAN OS SURFEIROS SE CHAMA NEOPRENO.

CANTO NOS DIVERTIMOS!!!