Equipo de Biblioteca 3 de Febreiro de 2.009

Membros do equipo: Sol Beiroa Troiteiro, Ana de Castro Corral, María Rodríguez León, Mª Belén Vázquez Freire, Tobías Betanzos Rego.

Asuntos e acordos:

  1. Clasificación de fondos: ante a dúbida a respecto dos libros que narran algún conto ou historia utilizando recursos poéticos: versificación ou   rima, acórdase clasificar estes libros no grupo de poesía (82-P, según adaptación da C.D.U., realizada pola Asesoría de Bibliotecas Escolares)
  2. Utilización dos fondos bibliográficos adquiridos con pola  Biblioteca do centro a suxerencia dalgún departamento. Estas fondos depositaranse na Biblioteca, podéndose utilizar por todo o profesorado, salvo aqueles que necesite reservar o departamento para o seu uso.
  3. Valoración da Semana de Biblioteca, celebrada a semana do 26 ao 29 de xaneiro, coincidindo coa semana de Música na Sede. Faise unha valoración moi positiva e satisfactoria do desenrolo das actividades. Sol pide que poida haber unha continuidade das actividades de animación á lectura a través da web.

En Rianxo a 3 de Febreiro de 2.009