Programación Xeral Anual 2016-17
Introducción
Neste espazo da aula virtual do centro contéñense os documentos que constituen a Programación Xeral Anual para o presente curso 2016-17. /http://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/aulavirtual/course/view.php?id=53/
Esta documentación e as propostas contidas neles, foi presentada ao Claustro de profesores e profesoras do centro e ao Consello Escolar, e mantendo os compromisos do actual Equipo directivo esta documentación foi proposta para a súa aprobación, sen perxuizo das responsabilidades que correspondan ao equipo directivo e á dirección do centro.
As sesións nas que se someteu á consideración do Claustro e do Consello Escolar a Programación Xeral Anual celebraronse 11 de outubro de 2016
A programación está constituida polos seguintes documentos:
1. Definición de obxectivos específicos para o curso 2016-17
2. Plan de actuación dos órganos colexiados
3. Programación e calendario de reunións dos órganos colexiados e de goberno.
4. Xornada escolar e horario xeral do centro, criterios para a súa elaboración
5. Plan para a potenciación e organización das relacións coa comunidade
6. Concreción anual do Proxecto Educativo de Centro
7. Estratexias metodolóxicas e organizativas de atención ao alumnado con necesidades educativas especiais
8. Plan para a potenciación da língua galega
9. Libros de texto e materiais curriculares
10. Plan para a utilización das instalacións do centro
11. Plan de autoprotección do centro
12. Programación anual de actividades complementarias e extraescolares
13. Plan de actividades da ANPA
14. Documentación organizativ do Centro (Documento e elaboración na aplicación XADE)
15. Coordenación co persoal non docente
16. Programa de formación anual do profesorado
17. Participación en proxectos de innovación educativa
18. Programación Curricular
19. Informe Económico
Como aspectos novos que van incidir na planificación do presente curso escolar e no seu desenvolvemento debemos destacar:
- O axuste realizado pola administración educativa na plantilla de profesorado do centro, ao reducir no presente curso un posto de profesor/a de apoio.
- O proxecto aprobado polo Concello de Rianxo de actuacións de mellora nas escolas do C.R.A. e que vai incidirde forma importante na calidade da edificacións e xa que logo nas condicións de habitabilidade
- O desenvolvemento da renovación parcial do Consello escolar que corresponde se desenvolve no 1º trimestre do presente curso escolar.
Principios de actuación
Para o presente curso 2016-17, mantemos os referentes de actuación e organización do centro, que reflicten as preocupacións expresadas ao longo dos últimos cursos polo conxunto da comunidade educativa. Estes referentes que podemos expresar como obxectivos xenéricos ou principios de actuación serán ao longo do presente curso:
Animar a participación da comunidade educativa na educación dos alumnos e alumnas do centro
Impulsar medidas que animen a innovación educativa, a investigación e exploración de prácticas educativa cada vez mais axustadas as necesidades dos alumnos e alumnas é as aspiracións da propia comunidade.
Mellorar a actualización e a accesibilidade permanente dos documentos organizativos do centro
Manter e mellorar as actividades que dan cohesión e sentido colectivo ao noso centro
Manter e mellorar a comunicación do noso centro coa contorna, considerada esta no seu sentido máis amplo: institucións, entidades e asociacións e tamén a propia contorna en canto que patrimonio cultural e natural.
Estes referentes deben axudarlle ao centro, dunha parte a avanzar na mellora do traballo educativo, a definir os programas concretos de actuación en cada un dos ámbitos de actuación é á vez deben axudarlle a dar resposta axustada e adecuada aos retos e tarefas que neste curso se presentan como novedosas ou que non sendo novedosas requiren que o centro realice un esforzo engadido para a súa consolidación e mellora:
Renvoación do Consello Escolar
Desenvolvemento do Plan de Formación no Centro
Apertura da Biblioteca do Centro á comunidade
Continuar os proxectos postos en marcha pola ANPA en cursos anteiores especialmente o proxecto pintando contos nas nosas escolas.
Coordenación cos centros receptores.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
pxa_imprimir.pdf | 720.05 KB |
- APIs de Blogue