APROVEITAMENTO ENERXÉTICO
|
|
PARA TER O SEU CORPO QUENTE A LAGARTA PRECISA COLLER A CALOR DA ENERXÍA DO SOL. CANDO COMEZA O DÍA TEN UNHA TEMPERATURA MOI BAIXA E OS SEUS MOVEMENTOS SON MOI LENTOS. A LAGARTA CAPTA A ENERXÍA DO SOL COMA SE FOSE UNHA INSTALACIÓN DE ENERXÍA SOLAR TÉRMICA E EN POUCOS MINUTOS ALCANZA OS 26º QUE, COMO MÍNIMO, PRECISA PARA DESPRAZARSE CON RAPIDEZ E IR EN BUSCA DE ALIMENTOS |
Á FISALIA CHÁMANLLE CARABELA PORTUGUESA PORQUE É CAPAZ DE DESPRAZARSE GRAZAS A SÚA CRISTA, QUE FUNCIONA COMA A VELA DUN BARCO.
|
A FEMIA DOS CROCODILOS MARIÑOS ESCAVA UN OCO PRETO DA AUGA ONDE PON OS SEUS OVOS. DESPOIS CÚBREOS CUNHA MOREA DE FOLLAS, HERBA, PÓLAS E LAMA. ESTES MONTÍCULOS FUNCIONAN COMA UNHA INCUBADORA PORQUE A DESCOMPOSICIÓN DOS RESTOS VEXETAIS DESPRENDE UNHA CALOR QUE MANTÉN O NIÑO A UNHA TEMPERATURA AXEITADA |
CADA PARELLA DE TALÉGALO MALEO ESCAVA NA AREA UN PROFUNDO BURATO ONDE A FEMIA PON UN ENORME OVO. DESPOIS ENTÉRRAO COIDADOSAMENTE E ESQUÉCESE DEL. AS CORRENTES SUBTERRÁNEAS DE AUGAS TERMAIS E OS GASES VOLCÁNICOS MANTÉÑENO QUENTE PROPORCIONÁNDOLLE OS 34º PRECISOS PARA A INCUBACIÓN |
»
- APIs de Blogue