A MORENIÑA
"A Virxe de Guadalupe
quen a fixo moreniñaaaaa...
foi un raíño de sol
que entrou pola ventaíñaaaaa..."
Ola a todos e a todas os nenos e nenas de Relixión do CRA estamos rematando o curso cunha unidade didáctica adicada as festas relixiosas, e como non podía ser doutro xeito, decidimos centrarnos nas festas da nosa contorna. Pois se vos preguntades cal é a festa relixiosa máis importante de Rianxo (e unha das máis coñecidas de Galiza), non podíamos rematar o tema sen referirnos á Virxe da Guadalupe, popularmente coñecida como "a Moreniña". Así pois en homenaxe a esta festa tan importante e querida por todos os rianxeiros, rianxeiras e rianxeiriñ@s decidimos facer os nosos retratos da Virxe:
Bueno que vos parecen as nosas reproduccións? a que custa distinguir o orixinal das copias? ja,ja,ja... A verdade e que nos saíron moi ben. A continuación podedes ver a galería de imaxes á que lle puxemos como música de fondo a canción "A Rianxeira". Esperamos que desfrutedes tanto da música como dos nosos traballos:
Con esta actividade rematamos o curso 2012- 2013, un curso marabilloso cheo de sorpresas e descubrimentos, fixemos moitos traballos que nos encanta compartir con todos vós a través do noso portal. Moitos, moitos bicos a todos, felices vacacións e ata o curso que ven! Vémonos en setembro!
- APIs de Blogue