Pombais
Martín Gómez e Teresa Tubío, no seu libro "Rianxo bello rincón de las Rías Bajas Gallegas", 1988 refire que no Concello de Rianxo hai un total de 34 pombais " un complemento raro da vivenda rural que só aparece en fincas pertencentes a pazos, a reitorais ou a casas labragas acomodadas". O que se amosa na fotografía é o pombal situado moi perto da Igrexa Parroquial de Santa Baia de Araño. Como a maioría dos pombais, ten planta redonda duns dous metros de diámetro cunha altura semellante. Parece que a cuberta era plana en forma de ferradura inclinada.
»
- APIs de Blogue