A CONTORNA

Pola súa situación, na serra da Barbanza, no fondo da Ría da Arousa e ao pé da desenbocadura do río Ulla, Rianxo participa da veciñanza dos concellos da comarca da Barbanza: Ribeira, Boiro e Pobra.

Mantén relacións e vínculos importantes cos concellos da Comarca de Padrón, Dodro, Lousame e Rois.

A  ubicación de Rianxo na  Ría da Arousa faille partícipe de toda a actividade económica e social  xerada ao redor deste mar e das súas xentes:Catoira, Vilagarcía e Vilaxoan, Vilanova, Cambados e O Grove.

Mapa da Contorna de Rianxo