SAUNA CASTREXA
Reprodución dunha sauna castrexa (Museo arqueolóxico de Lisboa)
OS ARQUEÓLOGOS TEÑEN DESCUBERTO SAUNAS EN DISTINTOS CASTROS DE GALICIA, ASTURIAS E PORTUGAL. DURANTE UN TEMPO PENSARON QUE ESTAS EDIFICACIÓNS TERÍAN SIDO INTRODUCIDAS POLOS ROMANOS, PERO AGORA TEÑEN DEMOSTRADO QUE AS SAUNAS EXISTÍAN XA NA CULTURA CASTREXA VARIOS SÉCULOS ANTES DA CONQUISTA ROMANA
AS SAUNAS CASTREXAS, OU MONUMENTOS CON FORNO, SON EDIFICIOS RECTANGULARES QUE CONTRASTAN CO RESTO DAS EDIFICACIÓNS DA ALDEA
Pedra formosa no castro de Briteiros, Guimarães
A PEDRA FORMOSA É UNHA GRAN PEDRA DECORADA QUE PERMITÍA, NALGÚN DESTES EDIFICIOS, ENTRAR NA CÁMARA DO VAPOR A TRAVÉS DUN PEQUENO BURATO PARA EVITAR A PERDA DE CALOR.
EN GALICIA PODEMOS VISITAR RESTOS DE SAUNAS EN DISTINTOS CASTROS, COMO O DE BORNEIRO, NA CORUÑA
- APIs de Blogue