GASTÓN, UN TIBURÓN TOURO

Eu fun ó Aquarium Finisterrae a visitar a Gastón, un tiburón touro (Carcharias taurus) de 3 metros de lonxitude e 100 quilos de peso.

Gastón naceu hai 16 anos fronte a Cidade do Cabo, na confluencia entre os océanos Atlántico e Índico. Cando tiña 3 anos foi capturado e trasladado a un acuario de Francia e anos máis tarde ó de Coruña.

Os tiburóns touro viven preto da costa e cazan en grupo, sobre todo cara ao crepúsculo. Son depredadores voraces que se alimentan de peixes, cefalópodos e crustáceos.
Ademais, son os únicos tiburóns que saen á superficie para tomar aire. Gárdano no estómago para manter a súa flotabilidade e non afundirse ata o fondo.

Fran