MARIÑEIRO DO CERCO

 

OLA SON SAMUEL E GUSTARÍAME DESCRIBIRVOS O TRABALLO DO MEU PAI QUE SE CHAMA DANI.

O MEU PAI É MARIÑEIRO, UN MARIÑEIRO DO CERCO. 

NA SÚA RUTA DIARIA PASA MOI PRETO DE CORRUBEDO E DE SÁLVORA. ALGUNHAS VECES PESCAN POR ALÍ.

 

A XORNADA DE TRABALLO DE MEU PAI COMEZA ÁS SEIS DA TARDE CANDO SAE DA CASA PARA COLLER O

BARCO EN PORTO DO SON,

(NO INVERNO COMO ACOSTUMA A FACER PEOR TEMPO ATRACA EN RIBEIRA)

TEÑEN QUE IR UNHAS TRES HORAS NAVEGANDO ATA CHEGAR Á ZONA DE PESCA, EN FISTERRA.

CANDO COMEZAN A TRABALLAR XA CASE É DE NOITE E ASÍ, BOTANDO O APARELLO E RECOLLENDOO,

PASAN AS HORAS ATA A MAÑANCIÑA QUE TOMAN O CAMIÑO DE VOLTA PARA LEVAR O PEIXE Á LONXA DE RIBEIRA.

CO CERCO PÉSCANSE XURELOS, SARDIÑAS, XOUBAS, CHINCHO, XARDA, PANCHAS,...   

OS BARCOS DO CERCO SON MÁIS GRANDES QUE OS BARCOS DE PESCA DE RIANXO XA QUE VAN A FÓRA DA RÍA

 E VAN PROVISTAS DUNHAS GRÚAS POTENTES PARA LEVANTAR AS REDES.