CONTACONTOS MUSICAL NA SEDE DO CRA.

Estamos moi ledos pois viaxamos ata a sede do CRA para recibir a visita de Patri e Álex. Estes mozos teñen un oficio moi particular pois son contacontos, ah e tamén Álex é algo así coma un home orquestra e Patri ten un instrumento moi fermoso: a súa voz. Así, contáronnos e cantáronnos algúns contiños, uns xa coñecidos como por exemplo: "Mago Goma" e "Nadarín", que cantas máis veces o escoitamos, máis nos gusta; e outros non tanto, como "A familia C", "Pancho"... Pasóusenos o tempo voando... e cando chegamos á escola fixemos uns debuxos chulísimos, aí vai un de (cómo non!) Nadarín.