QUEN SE CONXELA PRIMEIRO?
ESTES DIAS DE FRIO PODEMOS ATOPAR CAPAS DE XEO
NA SUPERFICIE DA AUGA, E FIXEMONOS UNHA PREGUNTA:
QUEN SE CONXELA ANTES, A AUGA DOS RÍOS OU A DO MAR?
PARA ESO FIXEMOS ESTE EXPERIMENTO:
POÑEMOS AUGA EN DOUS VASOS E NUN DELES DISOLVEMOS SAL
Ó CABO DE DÚAS HORAS VIMOS QUE A AUGA DOCE XA INICIABA A
CONXELARSE MENTRAS QUE A SALGADA NON.
DESPOIS DE 24 HORAS A AUGA DOCE ESTABA COMPLETAMENTE
SOLIDIFICADA E A SALGADA AÍNDA PERMITÍANOS INTRODUCIR UN OBXECTO.
POR QUE ?
O SAL BAIXA O PUNTO DE CONXELACIÓN DA AUGA.POR ESTE MOTIVO
SE CONXELAN MÁIS AXIÑA OS RÍOS QUE O MAR.
E ...NO INVERNO, EN MOITOS LUGARES, BÓTASE SAL NAS ESTRADAS
PARA QUE NON SE CONXELEN!
»
- APIs de Blogue