Lembrando a sesión na biblioteca e aula de música

O mar achegouse a Rañó e del xurdiron lembranzas... Hoxe convertímonos en investigadores e investigadoras do mar e descubrimos uns grans TESOUROS ben agochados nas profundidades!!! Un deses grandes tesouros foi un poema co que nos agasallaron na sesión de biblioteca escrito por Ana Mª Fernández no seu libro A rúa dos versos, titulado "O peixiño".


 

Seguimos afondando e tamén lembramos a sesión de música co mestre Rubén, que ben o pasamos cantando coas voces, tocando cos instrumentos e bailando cos pes.