VISITA D@S OCEANÓGRAF@S DE DIVULGA - RIANXO

O martes 11 de outubro recibimos a visita na aula d@s oceanógraf@s de DIVULGA-RIANXO que nos axudaron, dun xeito ameno e divertido, a ampliar os nosos coñecementos sobre o mar. Aprendimos moitas curiosidades e resolvimos moitas dúbidas. Foi unha actividade moi rica a nivel visual e manipulativo da que non perdimos detalle.