TIÑAN OS DINOSAURIOS PARA BEBER A MESMA AUGA QUE TEMOS NÓS ?
Existe un elemento que ó longo de millóns e millóns de anos, uniu a tódolos seres vivos do noso planeta:
a AUGA.
Cando se formou, hai catro mil cincocentos millóns de anos, a Terra era una bola de magma en fusión con centos de volcáns activos na súa superficie. O magma, cargado de gases con vapor de auga, emerxeu á superficie grazas ás constantes erupcións.
Despois a Terra arrefriouse, o vapor de auga condensouse e caeu novamente en forma de chuvia; así comezou o ciclo da auga.
A chuvia encheu as depresións do planeta e creou os océanos.
Mil millóns de anos despois, nos océanos reuníronse as sustancias químicas que darían orixe á vida.
Desde entón, a mesma auga circulou unha e outra vez no planeta, orixinando e conservando a vida. Grazas ó ciclo da auga, que constantemente purifica este valioso elemento, hoxe gozamos da mesma auga que beberon os dinosaurios.
- APIs de Blogue