ROTEIROS DA AUGA

OLA, SON MATEO
UNHA TARDE CHUVIOSA DIN UN BO PASEO COA MIÑA NAI E A MIÑA AVOA PARA DESCUBRIR PAISAXES DA AUGA QUE HAI PRETO DA MIÑA CASA, EN TARAGOÑA, E QUÉROVOS AMOSAR ALGUNHA DAS IMAXES

 

ESTE É O MUÍÑO DO REJO, ONDE ANTIGAMENTE SE MOÍA MILLO.
 AQUÍ PODEDES VER POR ONDE ENTRA A XENTE E POR ONDE ENTRA A AUGA!!

ESTES SON O LAVADOIRO DA FONTE DA CRUZ E O LAVADOIRO DE OUROLO. GÚSTAME ENSINARVOS ESTE ÚLTIMO PORQUE MIÑA AVOA AXUDOU A ARRANXALO NO ANO 2007 CANDO TRABALLOU NUN OBRADOIRO DE RESTAURACIÓN EN RIANXO.

AQUÍ TENDES A FONTE DA XOANIÑA NO CUBELIÑO E A FONTE DE OUROLO, ONDE VEÑO COLLER AUGA CO MEU AVÓ PARA BEBER NA CASA.
HOXE BOTA MOITA AUGA, PERO HAI DÍAS DE VERÁN NA QUE BOTA BEN POUCA !!

Á ESQUERDA PODEDES VER O NACEMENTO DA FONTE DA RATEIRA NO BOJOLLÓN. Á DEREITA, A IMAXE DUN REGATO FORMADO POLA CHUVIA QUE CAERA DURANTE ESES DÍAS.

O RÍO DA FONTE DA CRUZ DESMBOCA NO MAR NA PRAIA DO PORTO DE VIGO, ONDE AÍNDA SE PODE ATOPAR A BARCA DALGÚN MARIÑEIRO.

E ESTE É O POZO DE CHE, NO BOJOLLÓN.
É MOI FONDO E TEN MOITA, MOITA AUGA !!!

 


GUSTOUVOS O MEU PASEO ?