UN CONCERTO MOI ESPECIAL NA ESCOLA DE PAZO
HOXE FOI UN DÍA ESPECIAL NA ESCOLA DE PAZO...
TIVEMOS A SORTE DE PODER ESCOITAR UN CONCERTO DA
ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO. E INVITAMOS AS NOSAS FAMILIAS...
E AQUÍ ESTAMOS AGARDANDO IMPACIENTES A QUE EMPEZASE
E UNHA VEZ PREPARADOS OS MÚSICOS, RUBÉN PRESENTANOS
A OBRA QUE VAMOS ESCOITAR.
AQUÍ PODEDES VER A ANTÓN, SARELA, RAFA, FRAN E SABELA, OS MÚSICOS E MÚSICAS
QUE NOS INTERPRETARON " A FRAUTISTA DE HAMELÍN" COS SEUS INSTRUMENTOS:
TECLADO, CLARINETE BAIXO, SAXOFÓN, CLARINETE E FRAUTA TRAVESEIRA
E COMO NOS GUSTOU ESCOITALOS!!!
E SE PARA TODOS NOS FOI UN DÍA MOI ESPECIAL,
PARA ZOE MOITO MÁIS, POIS O SEU PAI VIÑA A TOCAR Á SÚA ESCOLA.
E REMATAMOS DÁNDOLLES UN FORTE APLAUSO.
VOLVEDE CANDO QUEIRADES!!!
- APIs de Blogue