A Consellería de Educación ven de publicar a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2020/21.
O prazo para presentar solicitudes rematará o día 19 de xuño de 2020 (este incluído).
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía telemática no formulario normalizado (anexo I e II) dispoñible na Sede electrónica da Xunta de Galicia, ou accedendo á aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/)
Se non se pode facer de forma telemática, as familias poderán acudir ao centro a presentala. Para respectar as recomendacións de sanidade e facilitar o distanciamento social, establécense as seguintes quendas, referidas ao curso no que se matricula o alumno/a para o periodo 2020/21.
Luns 25 a xoves 28 de maio -------------------------------- 1º ESO e 2º ESO.
Venres 29 de maio a mércores 3 de xuño-------------------- 3º e 4º de ESO.
Xoves 4 a luns 8 de xuño----------------------------------------- 1º e 2º de Primaria.
Martes 9 a venres 12 de xuño --------------------------------- 3º e 4º de Primaria.
Luns 15 a mércores 17 de xuño ----------------------------- 5º e 6º de Primaria.
Hai que presentar unha solicitude por familia, polo que as familias con fillos en distintos cursos acudirán na quenda que prefiran. Pregamos se respecte o calendario na medida do posible. O horario de atención será de 10 h a 13:30 h.
Pódense descargar de aquí os anexos I e II, e traelos cubertos para axilizar o proceso.
ANEXO I e II
Ademáis dos impresos cubertos, débese entregar a seguinte documentación:
a) Libro de familia onde figuren todos os membros computables.
Só no caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2018, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.
- Certificado de defunción
b) E de ser o caso:
- Grao de discapacidade: Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se non fose emitido pola Xunta de Galicia.
- Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
- Incapacitación xudicial coa patria potestade prorrogada ou rehabilitada: Resolución xudicial.
- Alumnado de EE, con discapacidade ≥65% ou en tutela ou garda da Xunta de Galicia: Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se non fose emitido pola Xunta de Galicia ou resolución administrativa ou xudicial xustificativa do acollemento ou do certificado do centro de menores.
A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.
Podedes consultar información máis detallada no seguinte documento: INFORMACION AXUDA LIBROS TEXTO
Lembramos o protocolo para acceder ao centro
- Entra pola porta principal do edificio, que atoparás aberta. Fronte a ela atoparás a fiestra do despacho de xefatura, dende onde se te atenderá. En ningún caso deberás acceder a outros espazos do centro.
- Se hai alguén sendo atendido, non entres, espera no patio respectando a distancia de 2 metros entre persoas.
- Xunto á fiestra atoparás unha mesa, con impresos, bolígrafo e xel para as mans, por se o precisaras.
- A documentación recollerase a través da fiestra, nunca accedendo directamente aos despachos.
Para calquera consulta, chama ao teléfono do centro 988282169.
A finais de mes convocaremos ás familias para realizar o resto de trámites habituais a final de curso (matrícula, comedor, transporte, devolución de libros…) polo mesmo procedemento.
GRAZAS POLA COLABORACIÓN.