Skip to Content

contador gratis para blog

Axudas ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar.

A Xunta acaba de publica a ”ORDE do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor  escolar  nos  centros  públicos  non  universitarios  xestionados  por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia  do  COVID-19,  co  levantamento  dos  prazos  de  suspensión  do procedemento (código de procedemento ED601B)”, que a podedes ver no seguinte enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20200330_comedores.pdf.

A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas ás familias do alumnado que posúe a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio.

Para estes efectos, determínase que o prezo máximo para satisfacer en concepto de compensación por materias primas é de dous euros e cincuenta céntimos (2,50 €), nos casos de gratuidade total, e dun euro e cincuenta céntimos (1,50 €) nos casos de gratuidade que teñen a obriga de satisfacer un euro (1 €) pola prestación do servizo.

Respecto dos seus efectos temporais, esta orde compensará os días lectivos correspondentes aos primeiros 14 días naturais de suspensión acordados polo Consello da Xunta de Galicia, que para os efectos educativos comezaron o día 16 de marzo e que totalizan 9 días lectivos. Inclúe tamén os 15 días de prórroga autorizados polo Congreso dos Deputados e que rematarían ás 00.00 do día 12 de abril e que se corresponden con 2 días lectivos de marzo e 3 días lectivos do mes de abril ata o comezo das vacacións de Semana Santa. Eventualmente, para o caso dunha ulterior prórroga do estado de alarma, calcúlanse os 14 días lectivos ata o 1 de maio de 2020.

A presentación das solicitudes deberá facerse a través da SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA

e poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Soamente nos casos que sexa imposible para as familias facer esta solicitude  a través da sede electrónica e que así o acrediten, poderán solicitar que o equipo directivo do centro educativo en que se escolarizan as/os súas/seus fillas/os colaboren na formalización da solicitude.  Para estes casos, publicarase nos vindeiros dias o precedemento a seguir.

O prazo para presentar as solicitudes comeza o día 31 de marzo de 2020 e remata o 6 de abril de 2020, ambos os dous incluídos



blog | by Dr. Radut