Skip to Content

contador gratis para blog

3º PRIMARIA

Material escolar para o curso 2020-2021 en 3º de Primaria

 

Para este curso escolar 2020-2021 aproveitarase TODO O MATERIAL DO ANO PASADO (repoñer o gastado ou que falte)

 

                     Lapis, sacapuntas, goma, pegamento... (por duplicado para ter de reposto na aula)

 

                     Tesoiras, rotuladores, lapis de cores, regra...

 

                     Cadernos...

 

                     Carpeta de gomas

 

Como novidade para este curso:

 

    Para INGLÉS: 1 caderno grande, con arame, tapa dura, dunha soa liña

 

    3 bolígrafos de tinta borrable (azul, negro e vermello) (existen recargas para o mesmo bolígrafo)

 

    Dicionario de LINGUA GALEGA

 

    Dicionario de LENGUA CASTELLANA

 

    Paquete de mácaras

 

    Para MÚSICA: Unha frauta tipo Honner (enviaranse instrucións específicas). Agardar por elas antes de mercala.

 

Unha caixa tamaño medio e con tapa ou bolsa resistente para meter os diccionarios e todo o material de reposto de uso individual.

 

 

 

NOTA IMPORTANTE: traer sempre na mochila panos de papel e máscara de reposto.

 

MATERIAL de PLÁSTICA (profe Patricia)

 

                     Lápis, goma, afila.

 

                     Ceras ou lápices de cores.

 

                     Rotuladores.

 

                     Acuarelas.

 

                     1 bloc de debuxo.

 

                     1 bloc de cartulinas tamaño folio.

 

                     1 bote pequeno de cristal.

 

                     1 pincel fino.

 

                     Pegamento e tesoiras.

 

Nota: Pódese aproveitar o material que sobrou do curso pasado ou utilizar o material que pide o titor.

 

 

MATERIAL de EDUCACIÓN FÍSICA

 

                     Unha botella reutilizable de auga marcada. (Poden usar a cantimplora)

 

                     1 esteira.

 

                     A roupa sería axeitado que estivese marcada tamén.

 

DÍA DA PAZ ESCOLAR E NON VIOLENCIA

O alumnado de 3º de Primaria realizou un mural na porta da aula para reflectir as súas mensaxes na celebración do Día Escolar da Paz e Non Violencia. Rematando cunha frase que dí o seguinte:

"No mar da vida deixei unha mensaxe para ti.."

SAÍDA DO ALUMNADO DE 3º E 4º DE PRIMARIA A "APÍPOLIS"

Os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria tiveron o pasado venres unha saída a Pontevedra, concretamente visitaron "Apípolis". Alí coñeceron o mundo das abellas. Velaquí unha mostra

 

ANTÍA, WAMBA E O REGATO PEQUENO

Mañá, mércores 29, os alumnos e as alumnas de 3º e 4º de Primaria acudirán ao Auditorio de Ourense a ver a obra de teatro
Antía, Wamba e o regato pequeno
Wamba, un mozo do Congo, conta a Antía historias que falan de África e Europa, do que nos sobra e falta, de compartir, de valorar o importante, de ollarcon esperanza... Son catro contos para bailar, cantar, xogar e tamén parasentir e pensar.
Os relatos fan reflexionar sobre a solidariedade, a igualdadee o que nos podemos achegar uns aos outros

Final dun ciclo

Antes  da  excursión  documentámonos  moito  de  todo o que iamos  ver. Por fin chegara  o  día no cal  realizariamos  a  nosa  última  excursión  de  Primaria,  a Pontevedra.  Levantámonos  moi  ilusionados  e  partimos  cara  ao  noso  destino. En primeiro lugar visitamos o Museo de Pontevedra onde ollamos  a sala de Castelao, a da Prehistoria e tamén a da Idade Antiga. A continuación, dirixímonos ao Xardín Botánico de Lourizán, creado no 1949 e donado pola familia Montero Ríos, onde fixemos unha ruta estética e didáctica  acompañados por un guía que nos descubriu os segredos tan ben gardados durante tantos anos. Alí vimos moitas especies diferentes e de lugares tan distintos coma por exemplo: Sequoia sempervirens (EE.UU), Agathis australis (Nova Zelanda), Araucaria Angustifolia (Brasil)... Tamén vimos unha mesa xigante na que se fixo a reunión previa do tratado de París (1898). Para rematar a nosa viaxe, disfrutamos un bo anaco buscando cervos e labirintos nos petróglifos do Centro de Investigación de Arte Rupestre de Campo Lameiro. Alumnos de 6º de Primaria. Galería de imaxes.

Odaiko

Marimbas, odaikos, tambores, botellas, música clásica, música oriental, pero sobre todo risas moitas risas. O concerto estaba cheo e os músicos ían disfrazados de sevillanos, de brasileiros, de personaxes do Rei León, de militares... Viaxamos por moitos lugares: País Vasco, Madrid, Sevilla, Galicia ... polo Circo do Sol . Ao final acabaron dicindo os seus nomes. Chamábanse Juan, Félix, Antonio e Francisco. Foi todo ben divertido.

Alex Fernández Fernández - 6º de Primaria

 

Programa de Voluntariado na Biblioteca

Velaquí aos quince alumnos de 5º e 6º de primaria que durante este curso 2013­/2014 están a colaborar de forma voluntaria coa biblioteca escolar do CPI Virxe da Saleta de Cea. O grupo está integrado por once alumnos de 6º (Xosé, Carla, Fabio, Vanesa, Laura, Andrea, Santi, Alba, Alicia García, Álex, e Gisela) e por catro de 5º (Xiana, Rocío, Sara e Alicia Nogueira). Estes quince voluntarios agrúpanse en 3 equipos de 5 alumnos cada un e, unha vez á semana, traballan  baixo  a  tutela  de  Mercedes, a  titora  de sexto, en  tarefas  tan  diversas  como: ordenar fondos, colocación das etiquetas no lombo, deseñar logos e lemas para as diversas  actividades de dinamización da lectura, organizar a biblioteca, etc.

Traballando por Competencias - Os tonos dunha aplicación

Presentámosvos unha nova actividade escolar no noso centro. O alumnado de 6º de primaria, entre outras responsabilidades, fixéronse cargo de compoñer músicas para a aplicación de contos que estamos a crear: Applícate o conto. Fixemos un traballo de documentación previo, na aula, escoitando e analizando as melodías de inicio de diferentes aplicacións de xogos: angry birds, candy crash, pou. Despois, na aula de sexto, organizamos un calendario de quendas para poder usar o teclado e explorar os diferentes timbres que ofrecía. Coa consigna de crear uns tonos breves (non máis de dez segundos) preparamos as composicións transcribíndoas na partitura e o 11 de marzo realizamos a gravación na aula de música. Foron os propios alumnos e alumnas os encargados de interpretar así como de actuar como técnicos no proceso de gravación. Queremos compartir con vós o noso traballo. Se consultades dende móbil precisades a aplicación soundcloud para android ou IOS  para escoitalo, e despois picar na seguinte ligazón: Creando tonos para a aplicación.

 

Alumnado Xornalista

 

O proxecto do CPI Virxe da Saleta avanza no desenvolvemento das Competencias Básicas entre o noso alumnado. Pouco a pouco eles van tomando a palabra tamén aquí na web, desenvolvendo a Competencia Lingüística e a súa iniciativa e autonomía. Nesta ocasión Raul Gallego González, de 6º de Primaria, achéganos a crónica dunha saída escolar ao teatro no Auditorio de Ourense.

TIME TRAVELLERS

O Auditorio estaba todo cheo de nenos e de nenas! De moitos colexios: Cea, Amoeiro, O Irixo... De súpeto apáganse as luces... Ao momento aparece unha ladroa abrindo unha caixa forte e rouba uns documentos secretos pero deixa esquecida a súa mochila con obxectos históricos. Despois soa unha alarma. Logo apareceron dúas persoas e descubriron que lles roubaran os seus documentos. Despois os dous exploradores viaxaron no tempo tres veces para encontrar pistas e poder devolver os obxectos históricos que había na mochila. Viaxaron á época de Cristobo Colón, de Pablo Picasso, a antiga Roma e á Prehistoria. Ao final atraparon á ladroa que se chamaba Joker. E tamén había outra criminal que se chamaba BIG MAMA, ou sexa, mamá grande.

The First Noel

Aquí tedes un anaquiño do noso encontro de Cantos de Nadal 2013. É a intervención musical do alumnado de 6º de Primaria interpretando con instrumentos de láminas a panxoliña The First Noel. Aquí podedes ler algo sobre a historia desta canción tradicional do nadal Inglés: The First Noel en Wikipedia (en inglés).

Distribuir contido


by Dr. Radut