Skip to Content

contador gratis para blog

Final dun ciclo

Antes  da  excursión  documentámonos  moito  de  todo o que iamos  ver. Por fin chegara  o  día no cal  realizariamos  a  nosa  última  excursión  de  Primaria,  a Pontevedra.  Levantámonos  moi  ilusionados  e  partimos  cara  ao  noso  destino. En primeiro lugar visitamos o Museo de Pontevedra onde ollamos  a sala de Castelao, a da Prehistoria e tamén a da Idade Antiga. A continuación, dirixímonos ao Xardín Botánico de Lourizán, creado no 1949 e donado pola familia Montero Ríos, onde fixemos unha ruta estética e didáctica  acompañados por un guía que nos descubriu os segredos tan ben gardados durante tantos anos. Alí vimos moitas especies diferentes e de lugares tan distintos coma por exemplo: Sequoia sempervirens (EE.UU), Agathis australis (Nova Zelanda), Araucaria Angustifolia (Brasil)... Tamén vimos unha mesa xigante na que se fixo a reunión previa do tratado de París (1898). Para rematar a nosa viaxe, disfrutamos un bo anaco buscando cervos e labirintos nos petróglifos do Centro de Investigación de Arte Rupestre de Campo Lameiro. Alumnos de 6º de Primaria. Galería de imaxes.



blog | by Dr. Radut