Os alumnos de Infantil do CPI Virxe da Saleta aprenderon das froitas da primavera o seu nome ,a súa cor, o tamaño,a textura,a procedencia e a importancia que teñen na alimentación diaria.
O rematar a aprendizaxe fixemos unha degustación con todas as froitas da primavera que os alumnos trouxeron das súas casas en colaboración coa familia.
Un ano máis queremos agradecerlles as familias a súa constante colaboración e participación .
" Aliméntate ben", dentro das actividades do Plan Proxecta 2013/2014, as mestras de Infantil do CPI Virxe da Saleta elaboraron un díptico para informar ás familias da importancia dunha alimentación saudable.
Un ano máis o noso Centro vai participar no Plan Proxecta: desenvolvendo o proxecto “Froita na escola” no que participa o alumnado de Educación Infantil. Damos así continuídade ao programa xa desenvolvido no curso anterior, poñendo como obxectivo a promoción dunha alimentación saudable tendo como referencia a froita.
Probando diferentes froitas comprobarán os seus beneficios dende un enfoque globalizador onde estarán presentes as TICs, a música e o inglés. Trataremos de implicar ás familias na comprensión da importancia que ten a froita na alimentación.
Os Almorzos Saudables son un novo servizo que ofrece o centro para dar resposta á necesidade de conciliar a vida familiar, laboral e escolar. Grazas á colaboración do Concello de Cea e máis a ANPA, a partir do 1 de febreiro, aquel alumnado que o desexe disporá dun servizo de almorzo máis actividades en horario de 8:30 a 10:30. Nos vindeiros días enviaremos unha circular informativa a todas as familias sobre este novo servizo.