Skip to Content

contador gratis para blog

4º PRIMARIA

Material escolar 4º Primaria Curso 2020-2021

Material escolar 4º Primaria Curso 2020-2021

·       2 gomas (MILÁN, cadradas).

 ·       2 lapis (HB STAEDTLER nº 2).

 ·       2 bolígrafos azuis (de tinta borrable) e outros 2 vermellos Tipo BIC.

 ·       2 sacapuntas (polo menos un con contenedor).

 ·       Unha caixa de ceras delgadas de diferentes cores (mínimo 12 cores).

 ·       Unha caixa de lapis de madeira (mínimo 12 cores).

 ·       Unha caixa de rotuladores (mínimo 12 cores).

 ·       Unha regra (30 cm).

 ·       Unha tesoira escolar.

 ·       2 barras de pegamento.

 ·       Un compás.

 ·       Un transportador de ángulos transparente (xa o ten no colexio).

 ·       Un diccionario de Lingua Galega (actualizado) (xa o ten no colexio).

 ·       Un diccionario de Lengua Castellana (xa o ten no colexio).

 ·       1 caderno grande  cuadriculado.

 ·       4 cadernos  grandes dunha soa liña.

 ·       1 caderno grande, con arame, tapa dura, dunha soa liña (Para Inglés)

 ·       Un caixa:baixa, tamaño medio e con tapa, para meter os diccionarios e todo o material de reposto.

 ·       Un paquete pechado de 10 máscaras.

 

NOTAS :

 ·       Todos os cadernos deben ser sen arames (excepto o de Inglés) e de tapas duras. (Coma os cadernos de 3º pero de tamaño grande. Aconséllase non poñerlles o nome antes de levalos ao colexio para que a titora comprobe as características esixidas…)

 ·       O resto do material non é necesario que sexa novo; pódese aproveitar o que quedou do curso pasado se está en bo uso.

 ·       Todo o material virá ao colexio co nome do alumno/a.

 

MATERIAL DE PLÁSTICA (profe Patricia)

 ·         Lápiz, goma, afila.

 ·         Ceras o lápices de colores.

 ·         Rotuladores.

 ·         Acuarelas.

 ·         1 bloc de dibujo.

 ·         1 bloc de cartulinas tamaño folio.

 ·         1 bote pequeño de cristal.

 ·         1 pincel fino.

 ·         Pegamento y tijeras.

  Nota:

 Se puede aprovechar el material que sobró del curso pasado y utilizar el material que pide la tutora.

 

MATERIAL DE EDUCACIÓN FÍSICA

 ·         Una botella reutilizable de agua marcada. (Pueden usar la cantimplora)

 ·         1 esterilla

 ·         La ropa sería adecuado que estuviese marcada también.

 

PEQUENOS CIENTÍFICOS

Os alumnos e alumnas de 4º de Primaria visitan o Laboratorio para poñer en práctica os coñecementos adquiridos na clase de Ciencias Naturais sobre mesturas e a súa separación.

Practicaron: decantación, filtracións...pero as que tiveron mais éxito foron imantación e cromatografía. Mirade o que fixeron!!

https://goo.gl/photos/7uGYCqnPVfkKMgLTA

UNHA CLASE DO COLE DE CEA

 

 

O alumnado de 3º e 4º de Primaria fixéronnos andar a gargalladas un bo anaco con esta disparatada obra de teatro no festival de Nadal 2014.

UNHA XORNADA NA "CASA DA TERRA"

 

Xa temos aquí as fotos que nos fixeron os monitores e monitoras de "A Casa da Terra" en Antas de Ulla...lembrádesvos??

Fixeramos os nosos boliños de pan e levarámolos para as nosas casas, buscamos un tesouro e tivemos unha fantástica despedida cunha sesión música tibetana...que relaxación!!

 

Excursión do 2º ciclo

Primeiro fomos a unha base de helicópteros. Alí subimos a un e tamén a un camión de bombeiros. Falamos por unha emisora. Vimos un cráneo dunha vaca na entrada. Fixémonos fotos e logo marchamos. Despois fomos ao Pazo de Fontefiz e alí había moitos animais autóctonos de Galicia, algúns deles en perigo de extinción. Ensináronos de que raza eran. Vimos un cabalo galopando, porcos celtas, galiñas de Mos e galiñas poñedoras, carneiros, ovellas, touros, castróns, bois e cabras. Ensináronos unha incubadora. O guía da excursión díxonos que tardan 21 días en nacer e que a eses pitiños que había na incubadora tan só lles faltaban 3. Había outros que xa naceran, uns tiñan quince días e outros 7. O guía tamén nos dixo que un animal entrara no galiñeiro e que comera todas as galiñas. Despois fomos comer a Monterroso bocadillos de chourizo e queixo e de postre xeados, mmmmm. Despois de comer xogamos nun parque cercano. Ao rematar dirixímonos a unha granxa escola e alí fixemos pan. Isto déusenos moi ben, porque somos de terra de panadeiros. Ben, non todos, pero algo sabemos. Ao chegar ás nosas casas algunhas das nosas nais probaron o pan e comentaron que lles faltaba sal, hehehe. Mentres o pan cocía fixemos un xogo de presentación para coñecer os nosos nomes e os nosos gustos e consistía en pasarnos un fío de lá entre todos e ir comentándoos en voz alta. O resultado final parecía unha arañeira. Ao remate do xogo había que desfacer a tea lembrando o nome e os gustos da persoa que che pasara o fío. Ao remate do paseo xogamos á busca do tesouro. A continuación fomos dar un paseo polo río na compañía dun can boxer chamado Bufi que non paraba de enredar con nós. O que máis lle gustaba era que lle tirasen paos ao río e ilos buscar. Despois ao sair pasaba ao noso carón e mollábanos as pernas. Para despedir a xornada xogamos ao brilé e escoitamos música relaxante con instrumentos doutros países coma o gong e as cuncas tibetanas. Galería de fotos

Distribuir contido


by Dr. Radut