APRENDENDO
PARA UN
MUNDO MELLOR
Primeiro fomos a unha base de helicópteros. Alí subimos a un e tamén a un camión de bombeiros. Falamos por unha emisora. Vimos un cráneo dunha vaca na entrada. Fixémonos fotos e logo marchamos. Despois fomos ao Pazo de Fontefiz e alí había moitos animais autóctonos de Galicia, algúns deles en perigo de extinción. Ensináronos de que raza eran. Vimos un cabalo galopando, porcos celtas, galiñas de Mos e galiñas poñedoras, carneiros, ovellas, touros, castróns, bois e cabras. Ensináronos unha incubadora. O guía da excursión díxonos que tardan 21 días en nacer e que a eses pitiños que había na incubadora tan só lles faltaban 3. Había outros que xa naceran, uns tiñan quince días e outros 7. O guía tamén nos dixo que un animal entrara no galiñeiro e que comera todas as galiñas. Despois fomos comer a Monterroso bocadillos de chourizo e queixo e de postre xeados, mmmmm. Despois de comer xogamos nun parque cercano. Ao rematar dirixímonos a unha granxa escola e alí fixemos pan. Isto déusenos moi ben, porque somos de terra de panadeiros. Ben, non todos, pero algo sabemos. Ao chegar ás nosas casas algunhas das nosas nais probaron o pan e comentaron que lles faltaba sal, hehehe. Mentres o pan cocía fixemos un xogo de presentación para coñecer os nosos nomes e os nosos gustos e consistía en pasarnos un fío de lá entre todos e ir comentándoos en voz alta. O resultado final parecía unha arañeira. Ao remate do xogo había que desfacer a tea lembrando o nome e os gustos da persoa que che pasara o fío. Ao remate do paseo xogamos á busca do tesouro. A continuación fomos dar un paseo polo río na compañía dun can boxer chamado Bufi que non paraba de enredar con nós. O que máis lle gustaba era que lle tirasen paos ao río e ilos buscar. Despois ao sair pasaba ao noso carón e mollábanos as pernas. Para despedir a xornada xogamos ao brilé e escoitamos música relaxante con instrumentos doutros países coma o gong e as cuncas tibetanas. Galería de fotos