Skip to Content

contador gratis para blog

Complementarias

Cros Escolar- XOGADE

Xa temos cartel da Final Zonal do cros escolar ADE Arenteiro. Celebrarase o 7 de novembro no Circuito da Veronza (O Xestal). Nesta actividade participará o alumnado nado entre os anos 2010 e 2017.

Agardamos que as condicións climatolóxicas nos permitan se celebre a xornada.

Samaín no Cole de Cea 2024

Chegou o SAMAÍN ao cole! Que meeeedoooo!!!

AVISO: Comeza a época do Samaín no Cole de Cea, que culminará o 30 de outubro, día en que teremos un terrorífico programa preparado para aqueles alumnos e alumnas que se atrevan a vir ao cole... 

 Todo o centro se encherá de monstros, vampiros, pantasmas e meigas e, para deixar constancia, teremos un horripilante FOTOCOLE preparado. Tamén faremos unha espeluznante asamblea de seres monstruosos e de ultratumba no ximnasio, onde se poderán oír lúgubres cánticos e esgutíos horrísonos e, como fin de festa, recibiremos a aterradora visita dun... ...auténtico lobishome!!!, recén chegado da Serra do Faro.

 Os superviventes desta terrorífica xornada (se os hai) voltarán á casa no bus escolar, no horario habitual ou a cabalo das súas vasoiras e terán libre o día seguinte (31 de outubro) para podérense recuperar de tan terrorífica experiencia.

 

CERIMONIA DE GRADUACIÓN E REMATE DO CURSO 2023-2024

Unha moi brillante cerimonia de graduación para o alumnado que rematou etapa (Infantil, Primaria e ESO) no noso centro puxo o broche de ouro a outro ano escolar no CPI “Virxe da Saleta”. 

 

 

 Agora toca descansar e recuperar forzas para o seguinte curso, pero, de momento, tal e como dicimos neste vídeo-resumo, o que vos desexamos é que alcancedes os vosos soños… comezando por un bo verán!

 

 

Chega o VIII SERÁN DO COLE DE CEA!!!

O día 16 de maio, a partir das 17h, o Cole de Cea abre as súas portas para celebrar, como xa é tradición, o SERÁN DO COLE DE CEA.

Hoxe facemos público o cartaz, no que o protagonista é o noso fabuloso MAIO DO COLE DE CEA, ao cal, como non podía ser doutro xeito, tamén lle cantaremos unhas copliñas cheas de retranca e bo humor e elaboradas polo alumnado.Estades convidadas/os a participar o día 16 connosco nas actividades que estamos a preparar: actuacións de grupos de música tradicional, torneo de xadrez, postos de artesanía, xogos populares, furanchiño...

VIVA O SERÁN DO COLE DE CEA!!!
 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO COLE

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS para as familias do alumnado de nova incorporación.

  • Mércores 21 de febreiro e xoves 29 de febreiro

Pide cita no 988783030 ou concerta outro día.

 

 

 

25 N Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 17 de decembro de 1999, celébrase anualmente cada 25 de novembro, en memoria das irmás Mirabal. A proposta para que se celebrase nesa data realizouna a República Dominicana, co apoio de 80 países.

 

MAGOSTO DO COLE DE CEA

Este venres, 10 de novembro celebraremos o MAGOSTO do Cole de Cea. Haberá animación musical, xogos e obradoiros e, por suposto, moitas castañas!!!

SAMAÍN 2023

Prezadas familias, lembramos que o martes, 31 de outubro, celebraremos, como sempre, o SAMAÍN no cole, polo que ese día o alumnado poderá vir de casa cos seus disfraces terroríficos (sen traer complementos nas mans, tipo coitelos, etc,). Tamén teremos unha serie de actividades durante a xornada, como un FOTOCOLE HORRIPILANTE no que todo o alumnado, por clases, poderá quedar inmortalizado nunha foto terrorífica que posteriormente publicaremos nas nosas redes sociais. Tamén teremos a estrea mundial do noso CONTO COLECTIVO “Foguetiño e o Samaín” e remataremos cunha aterradora coreografía musical, organizada polo profesorado de música e danza.

Lembramos tamén que o día 1 de novembro é festivo; reanudaranse as clases o día 2, tal como se reflicte no calendario da aplicación Abalar.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Xoves 23 febreiro e 2 de marzo, de 16h a 17:30h

concerta a túa cita no teléfono 988 783030

QUEREMOS SER O TEU COLE!!!

O PICURÍ Nº 8 (2011)

Distribuir contido


by Dr. Radut