Applícate o conto é unha app de contos infantís creada por e para nenos. É froito da colaboración entre o CPI Virxe da Saleta de Cea e o CIFP da Carballeira. É un proxecto interdisciplinar baseado na aprendizaxe por competencias.
A nosa app está lista. O vindeiro martes día 4 teremos un acto de presentación no CIFP da Carbaleira, os nosos compañeiros de viaxe neste proxecto. A partir dese día poderedes descargala nos vosos dispositivos android: móbiles e tablets. Estamos moi emocionados por ver como o froito do traballo colaborativo desenvolvido no curso pasado por todo o alumnado do centro está a punto de ver a luz. Permanecede atentos aos nosos perfís nas redes sociais e tamén á web do centro a partir dese día para saber como descargala.
No día mundial do Medio Ambiente, propoño dous documentais que nos farán reflexionar "La tragedia electrónica" secuela de "Comprar, tirar, comprar". Pensemos no medio ambiente antes de renovar os nosos aparellos electrónicos.
"La mentira de las bombillas de bajo consumo". É certo todo o que nos contan? Un documental que nos anima a ser consumidores críticos.
No marco da asignatura Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras plantexámoslle ao alumnado o reto de tentar imaxinar un futuro. Un concreto. O que se deriva dunha predicción dunha persoa. Pero non unha persoa calquera. Falamos de Nicholas Negroponte, o fundador do MIT, o Instituto Tecnolóxico de Massachusets. É que este gurú do mundo moderno ven de predicir no marco dunha conferencia TED acontecida en Vancouver que no futuro o coñecemento chegará ao noso cerebro a través de pastillas. Algo que pode sonar a ciencia ficción, se non fora por quen o di. Alguén que no 1984 foi quen de agoirar cousas como o libro electrónico, as tablets, a tecnoloxía no ensino ou o futuro da web.
E que nos deparará ese futuro que nós non veremos, pero que os nosos fillos e alumnos sí? Pois iso é o que queriamos saber. Pronto publicaremos na web os relatos útopicos e distópicos saídos da mente do noso xoven e emprendedor alumnado. Permanecede atentos.