Skip to Content

contador gratis para blog

Documentación

Punto Laranxa

No mes de xaneiro, a Consellería publicou o Plan integral contra o acoso e ciberacoso escolar, así como a actualización do Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar , co fin de dar resposta a este tipo de situacións nos centros educativos.

Para denunciar os casos que se coñezan, estarán á disposición da comunidade dúas ferramentas :

1. O primeiro é Punto Laranxa Físico, unha Caixa de color Laranxa está situada na planta baixa xusto ao entrar do edificio de Primaria (visibilízase saíndo do edificio), onde calquera persoa poderá denunciar de xeito anónimo unha situación de posible acoso ou ciberacoso escolar.

2. Punto Laranxa Virtual na web do centro. Neste espazo, xa dispoñible, hai un formulario para facer o mesmo; de xeito anónimo, denunciar calquera caso de acoso ou ciberacoso que coñezamos.

Está situado na banda dereita da web, debaixo do Plan Dixital e é un recadro laranxa; ao picar ábrese un formulario para encher e enviar.

O equipo ACAE (Actuación Contra o Acoso Escolar), equipo formado por docentes do centro, revisará todos os días estes dous espazos para poder actuar con máis rapidez e dilixencia nos posibles casos e establecerá as medidas necesarias para unha rápida intervención.

O formulario é anónimo pero é imprescindible que a comunidade entenda que é unha ferramenta seria, que debe indicar o nome da/s vítimas e agresores se o coñecen, ou dar os detalles que permitan ao equipo ACAE localizalos. Se unha solicitude de axuda non leva estes datos, non será, loxicamente, moi efectiva.

 

COMO FUNCIONA O PUNTO LARANXA? 

Se o estás a sufrir ou coñeces algún posible caso de acoso ou ciberacoso, axúdanos a paralo!

1. Escribe de maneira anónima a túa mensaxe nun lugar onde te sintas seguro/a.

2. Localiza o Punto Laranxa no teu centro (sitúado na entrada ao interior do centro ou na páxina web).

3. Deposita na caixa do Punto Laranxa a túa mensaxe (só é accesible ao equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar no teu cole).

 


Sempre hai persoas que te queren e te apoian.

 

 

 

LIBROS DE TEXTO DE EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA 2023- 2024

Nos documentos adxuntos están os libros de texto que se usarán no curso 2023- 2024.

 Como sempre, recomendamos que as familias estean pendentes das comunicacións que o centro ou os/as docentes envíen con instrucións concretas e aclaracións sobre este particular, xa que hai algúns libros que non hai que mercar.

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. FONDOLIBROS CURSO 2023- 2024

Os arquivos adxuntos teñen a información e o modelo a cubrir para a petición de libros e material escolar para o vindeiro curso. 

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE REMATA O 21 DE XUÑO PARA TODOS OS CURSOS, TANTO PRIMARIA COMO SECUNDARIA

 

 

OFERTA DE PRAZAS NO CENTRO PARA O CURSO ESCOLAR 2023/2024

OFERTA DE PRAZAS NO CENTRO PARA O CURSO ESCOLAR 2023/2024

Plan Dixital do Cole de Cea

Documentos do Cole de Cea

APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE COLABORACIÓN NO COMEDOR

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CPI VIRXE DA SALETA, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2022-2023.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2022/2023, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2022, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2022.

Durante o curso escolar 2022-2023  só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

Para máis información, chamade ao centro no teléfono 988783030 en horario de mañá.

SOLICITUDE DA PRAZA DE COMEDOR E COLABORACIÓN CURSO 2022-2023

INSTRUCIÓN 3/2022, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES DO 1 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN INDIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2022-2023ABERTO PRAZO DE ADMISIÓN PARA COLABORADORES/AS DO SERVIZO DE COMEDOR 

A continuación podedes descargar os documentos correspondentes para a solicitude de comedor e o impreso de colaboración; unha vez cubertos poderanse entregar no centro ata o día 16 de xullo ou do 1 ao 8 de setembro do 2022.

Achegamos tamén instruccións para cubrir o anexo II de solicitude.

 

ACTUALIZACIÓN DOS CRITERIOS DE PROMOCIÓN NA ETAPA DE EDUCACIÓN PRIMARIA

NO DOCUMENTO ADXUNTO TEDES A INFORMACIÓN SOBRE A AVALIACIÓN E PROMOCIÓN EN EDUCACIÓN PRIMARIA, APLICABLE XA NO CURSO 2021-22.

PROGRAMACIÓNS E.S.O. 2021-22

Neste enlace podedes consultar as programacións do Ensino Secundario, modificadas a partir da Orde de 25 de Xaneiro de 2022, que modifica a normativa de avaliación.

PROGRAMACIÓNS ESO

 

Distribuir contido


by Dr. Radut