Skip to Content

contador gratis para blog

Punto Laranxa

No mes de xaneiro, a Consellería publicou o Plan integral contra o acoso e ciberacoso escolar, así como a actualización do Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar , co fin de dar resposta a este tipo de situacións nos centros educativos.

Para denunciar os casos que se coñezan, estarán á disposición da comunidade dúas ferramentas :

1. O primeiro é Punto Laranxa Físico, unha Caixa de color Laranxa está situada na planta baixa xusto ao entrar do edificio de Primaria (visibilízase saíndo do edificio), onde calquera persoa poderá denunciar de xeito anónimo unha situación de posible acoso ou ciberacoso escolar.

2. Punto Laranxa Virtual na web do centro. Neste espazo, xa dispoñible, hai un formulario para facer o mesmo; de xeito anónimo, denunciar calquera caso de acoso ou ciberacoso que coñezamos.

Está situado na banda dereita da web, debaixo do Plan Dixital e é un recadro laranxa; ao picar ábrese un formulario para encher e enviar.

O equipo ACAE (Actuación Contra o Acoso Escolar), equipo formado por docentes do centro, revisará todos os días estes dous espazos para poder actuar con máis rapidez e dilixencia nos posibles casos e establecerá as medidas necesarias para unha rápida intervención.

O formulario é anónimo pero é imprescindible que a comunidade entenda que é unha ferramenta seria, que debe indicar o nome da/s vítimas e agresores se o coñecen, ou dar os detalles que permitan ao equipo ACAE localizalos. Se unha solicitude de axuda non leva estes datos, non será, loxicamente, moi efectiva.

 

COMO FUNCIONA O PUNTO LARANXA? 

Se o estás a sufrir ou coñeces algún posible caso de acoso ou ciberacoso, axúdanos a paralo!

1. Escribe de maneira anónima a túa mensaxe nun lugar onde te sintas seguro/a.

2. Localiza o Punto Laranxa no teu centro (sitúado na entrada ao interior do centro ou na páxina web).

3. Deposita na caixa do Punto Laranxa a túa mensaxe (só é accesible ao equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar no teu cole).

 


Sempre hai persoas que te queren e te apoian.

 

 

 

AdxuntoTamaño
plan_integral_contra_o_acoso_e_o_ciberacoso_escolar_1-1.pdf655.37 KB


page | by Dr. Radut