Ver CPI Virxe da Saleta - Cea nun mapa máis grande
Ver CPI Virxe da Saleta - Cea en un mapa más grande
O CPI Virxe da Saleta está situado en A Costa, ó suroeste da vila de Cea, a 524 m. de altitude sobre o nivel do mar, no concello de San Cristovo de Cea, a 24 km da capital da provincia de Ourense.
O CPI Virxe da Saleta escolariza a alumnado maioritariamente pertencente aos concellos de San Cristovo de Cea e Piñor.
O colexio distribúese en tres edificios:
Edificio Principal: Consta de dous andares e está situado no centro da parcela. Nel se atopan dependencias como a dirección, a xefatura de estudos, a secretaría, a biblioteca, a sala de profesores/as. Tamén acolle as clases de Primaria e a aula de inglés.
Edificio de Secundaria: Consta tamén de dous andares e nel únense unha parte máis antiga e a parte máis recentemente construida. Acolle ao alumnado de Secundaria, ademais das aulas de tecnoloxía, plástica, laboratorio, aula de música, dúas aulas de informática, despacho do Departamento de Orientación e diferentes titorías e aulas para desdobres de cursos.
Edificio de Infantil: Consta de dous andares e nel están as tres aulas de Infantil e as aulas de audición e linguaxe e a aula de pedagoxía terapéutica.