Skip to Content

contador gratis para blog

Secretaría

LISTAXE DOS LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024- 2025

Nos documentos adxuntos están os libros de texto que se usarán no curso 2024- 2025.

Coma sempre, recomendamos que as familias estean pendentes das comunicacións que o centro ou os/as docentes envíen con instrucións concretas e aclaracións sobre este particular, xa que hai algúns libros que non hai que mercar.

INTRUCIÓNS PARA CUBRIR O FONDOLIBROS

EXPLICACIÓN DETALLADA PARA CUBRIR A PARTICIPACIÓN NAS AXUDAS DE FONDOLIBROS

 

FONDOLIBROS 24-25. AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024-2025

Os arquivos adxuntos teñen a información e o modelo a cumplimentar para a petición de libros e material escolar para o vindeiro curso. 

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE REMATA O 21 DE XUÑO PARA TODOS OS CURSOS, TANTO PRIMARIA COMO SECUNDARIA.

 

CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024

ABERTO O PRAZO PARA COLABORADORES DO COMEDOR ESCOLAR CURSO 23-24

Xa saiu publicada a Instrucción 2/2023 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do 1 de xuño, sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2023-2024.

Abrimos o prazo para as persoas que queiran colaborar. Podedes vir  ao centro a cumplimentar ou entregar o ANEXO III. 

REMATE DO CURSO 2022-23 NO COLE DE CEA

Chegou a calor e, con ela chegou tamén o remate das actividades lectivas do curso 2022-2023 no Cole de Cea. 

Durante este tempo de verán, esperamos que a rapazada descanse e recupere forzas, despois destes longos meses de duro traballo escolar. 

Agora o cole está tristeiro, sen as risadas e a algarabía dos miúdos e miúdas, mais logo chegará setembro e con el un novo curso para vivirmos novas aventuras e desafíos.

 

Até entón!

 

PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

Comenzou o prazo de solicitude de matricula para o curso 2023-24. Do 1 ao 20 de marzo o alumnado debe solicitar admisión no centro no que quere estudar, se se atopa nun destes dous casos:

 - Alumnado que se incorpora por primeira vez

 - Alumnado que cambia de centro.

Para o procedemente tedes que cubrir o formulario que vai adxunto, imprimilo e traelo ao centro. Tamén podedes facelo a través da sede electrónica (podedes consultar o manual no adxunto)

 

DATAS DO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024

DATAS DO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024

Calendario admisión ordinaria do alumnado (segundo Orde do 21 de outubro de 2022).

Calendario escolar curso 2022-2023

SOLICITUDE DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

Estimadas familias,

Saiu  publicada a orde para a distribución de máscaras entre o alumnado.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211112/AnuncioG0598-081121-0001_gl.pdf

O prazo de solicitude é do 15 ao 26 de novembro, unicamente de forma presencial no centro educativo.

A) NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

 B) TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE:

 

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

 

- Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. 

- Alumnado matriculado en educación especial.

- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%. 

 

Aquí poden atopar o ANEXO I e ANEXO II 

Distribuir contido


by Dr. Radut