Skip to Content

contador gratis para blog

Secretaría

Información sobre as datas de final de curso.

 

 - Lembramos que os alumnos/as beneficiarios de libros procedentes do fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de texto, deberán entregalos no colexio .Data límite día 22 de xuño.

 

- Último día de clases mércores 22 de xuño.

 

- Entrega de notas ás familias o día 27 de xuño de 10 h a 12 h.

 

- Reclamacións o día 27 de 12h a 14 h e o día 28 de 10h a 14h.

 

LISTADO DEFINITIVO DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS CURSO 2016/2017

Matricula curso 2016/17. Listado provisional de admitidos e excluidos.

 

Información sobre a matrícula para o curso 2016/17

Aqui se mostra a información relativa o proceso de matrícula para o curso 2016/17.

Podedes descargala dende esta ligazón:

Matrícula curso 2016/17 - I

Matrícula curso 2016/17 - II

ENQUISA SOBRE CONVIVENCIA ESCOLAR

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a facer unha enquisa sobre convivencia aos distintos sectores da comunic¡dade educativa, co obxectivo de facer una diagnose e seguimento da convivencia escolar.

Con este motivo a xunta habilitou unha aplicación informática na que completar dita enquisa, utilizando unha clave para cada usuario. Estas claves serán proporcionadas pola dirección do centro.

As ligazóns para as enquisas son as seguintes.

Enquisa_Alumnos

Enquisa_Profesores

Enquisa_familias

AMPLIOUSE O PRAZO ATA O 8 DE DECEMBRO.

NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de publicar una nova convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar, destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2015/16, que non solicitase a axuda na anterior convocatoria, ou que tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa emendable.

Podedes consultar a convocatoria na seguinte ligazón.

As solicitudes e a documentación correspondente serán recollidas na secretaría do centro.

O prazo de presentación é de dez días a partir de hoxe martes 10 de novembro.

CHEQUES DE AXUDA PARA MATERIAL ESCOLAR

AVISO:Aqueles pais e nais que solicitaron a axuda para material escolar, poden recoller o cheque na secretaría do centro, a partir de mañá martes día 16 , en horario de 10 a 14:30.

Lembramos que aqueles que aínda non fixeron a solicitude, teñen de prazo ata o 30 de setembro.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA. Listaxe definitiva de admitidos curso 2015/2016.

Publicouse a listaxe definitiva de admitidos no fondo solidario de libros de texto  para educación secundaria obrigatoria.

IMPORTANTE: O centro COMPLETARÁ OS LOTES adquirindo os libros que faltan como fondo complementario, polo que TODOS OS ALUMNOS QUE O SOLICITARON DISPORÁN DE TODOS OS LIBROS.

Podedes descargala na seguinte ligazón.

FONDO SOLIDARIO ESO. LISTAXE DEFINITIVA.

 

Calendario escolar 2015-2016

 

Distribuir contido


by Dr. Radut