Skip to Content

contador gratis para blog

PT

Pedagoxía Terapéutica

Nunca choveu que non escampara

Dende a AULA de PT de Educación Infantil e Primaria, do CPI Virxe da Saleta, en coordinación con todo o profesorado do centro, propoñen unha tarefa voluntaria para o alumnado, en colaboración coas familias. A mesma, será para realizar dende o día de hoxe ata o 30 de marzo de 2020:

Como xa sabedes, esta situación que estamos a vivir é novedosa para todos nós, polo que propoño unha tarefa artística para levar ben estes días na casa. 

Imos debuxar un paraugas coas cores do arco da vella. O traballo realizarase en calquer soporte: obxectos de casa, folio, cartulina, cartón e do tamaño que queirades. Ponlle  como título: #NuncaChoveuQueNonEscampara #ColedeCea.

Por último fai unha fotografía do traballo e envíaa ao correo electrónico que indicamos na mensaxe do ABALAR. Publicaremos os debuxos para que o alumnado poida compartir o seu traballo, cheo de alegría e optimismo, co resto dos compañeiros.

Grazas a tod@s pola vosa colaboración.

Un saúdo.

Ciclo de Cinema no CPI

No CPI Virxe da Saleta seguimos dando pasos cara adiante na construcción da nosa Comunidade de Aprendizaxe. Cremos que a implicación de todos os axentes que inflúen na educación é fundamental para acadar o éxito escolar e a igualdade educativa. Por iso é que poñemos en marcha proxectos como o I Ciclo de Cinema: Cinema e Educación. A partir deste venres día 7 proxectaremos unha película cada primeiro venres de mes (agás o venres 9 de maio xa que o 2 é ponte). Nesta primeira ocasión apostamos polo cinema que pon a educación, os seus retos e conflictos, en primeiro plano. Catro filmes de nacionalidade francesa cos que queremos fomentar o debate e a reflexión sobre os procesos educativos. Estades todas e todos convidados, vémonos este venres ás 20:00h na Biblioteca do centro, onde proxectaremos Ser y Tener do documentalista Nicolas Philibert do ano 2002.

O Mapa das Emocións

Un ano máis celebramos  o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. Lembraredes que o ano pasado o noso leit motiv foi a Alegría. Cantamos aquela bonita canción de Sergio Tannus xuntos na entrada do colexio acompañados ao piano pola profe Anna Bosak. Nesta ocasión afondamos na mesma idea: a felicidade. A comunidade escolar do CPI Virxe da Saleta estamos convencidos de que a mellor maneira de convivir en paz os uns cos outros é estar felices. Querer e deixarnos querer. Sentir os afectos dos que nos rodean. Os coidados e os sentimentos son a chave para unha convivencia pacífica en sociedade. Na escola, na casa, no pobo, no país e no mundo. Só tecendo eses fíos que nos unen a unhas persoas coas outras seremos capaces de construir a paz. Por iso o traballo deste día é o #MapadasEmocións. Unha narración oral acompañada coa preciosa música de Ludovico Eunaldi onde o alumnado do centro conta que é aquelo que lles fai felices, que lles fai sentir ben, sentirse queridos polos demais. Agardamos que a súa escoita sirva de inspiración para todos. Sobre todo para os maiores, que nunca deixaremos de aprender das palabras sabias dos pequenos.

 

Nahono: método de lectoescritura para persoas inmigrantes de lingua árabe

Ola de novo!!

Apetécevos ensinar galego a persoas que falan árabe? Aquí tedes un manual por apartados que vos pode axudar.

Preme na imaxe e... a aprender!!

 

Fichas para traballar a /g/ e _/j/

continuación tedes un cartafol con fichas para traballar a letra /g/.

Programas para a Atención de Alumnos/as con Problemas de Conduta e Atención Dispersa

Se premes na imaxe atoparás varios vínculos con programas para traballar as condutas diruptivas e a falta de atención.

Profundizando na área de Coñecemento do Medio

Se premes na imaxe verás disversos xogos para traballar a área de Coñecemento do Medio

Programas para traballar Lingua Castelá

Máis programiñas para traballar Lengua Castela. Preme na imaxe:

Traballando Matemáticas coas novas tecnoloxías

Aquí tedes un enlace con distintos programas para prácticar Matemáticas xogando.

Preme na imaxe

Distribuir contido


by Dr. Radut