Skip to Content

contador gratis para blog

6º Curso

Final dun ciclo

Antes  da  excursión  documentámonos  moito  de  todo o que iamos  ver. Por fin chegara  o  día no cal  realizariamos  a  nosa  última  excursión  de  Primaria,  a Pontevedra.  Levantámonos  moi  ilusionados  e  partimos  cara  ao  noso  destino. En primeiro lugar visitamos o Museo de Pontevedra onde ollamos  a sala de Castelao, a da Prehistoria e tamén a da Idade Antiga. A continuación, dirixímonos ao Xardín Botánico de Lourizán, creado no 1949 e donado pola familia Montero Ríos, onde fixemos unha ruta estética e didáctica  acompañados por un guía que nos descubriu os segredos tan ben gardados durante tantos anos. Alí vimos moitas especies diferentes e de lugares tan distintos coma por exemplo: Sequoia sempervirens (EE.UU), Agathis australis (Nova Zelanda), Araucaria Angustifolia (Brasil)... Tamén vimos unha mesa xigante na que se fixo a reunión previa do tratado de París (1898). Para rematar a nosa viaxe, disfrutamos un bo anaco buscando cervos e labirintos nos petróglifos do Centro de Investigación de Arte Rupestre de Campo Lameiro. Alumnos de 6º de Primaria. Galería de imaxes.

Traballando por Competencias - Os tonos dunha aplicación

Presentámosvos unha nova actividade escolar no noso centro. O alumnado de 6º de primaria, entre outras responsabilidades, fixéronse cargo de compoñer músicas para a aplicación de contos que estamos a crear: Applícate o conto. Fixemos un traballo de documentación previo, na aula, escoitando e analizando as melodías de inicio de diferentes aplicacións de xogos: angry birds, candy crash, pou. Despois, na aula de sexto, organizamos un calendario de quendas para poder usar o teclado e explorar os diferentes timbres que ofrecía. Coa consigna de crear uns tonos breves (non máis de dez segundos) preparamos as composicións transcribíndoas na partitura e o 11 de marzo realizamos a gravación na aula de música. Foron os propios alumnos e alumnas os encargados de interpretar así como de actuar como técnicos no proceso de gravación. Queremos compartir con vós o noso traballo. Se consultades dende móbil precisades a aplicación soundcloud para android ou IOS  para escoitalo, e despois picar na seguinte ligazón: Creando tonos para a aplicación.

 

The First Noel

Aquí tedes un anaquiño do noso encontro de Cantos de Nadal 2013. É a intervención musical do alumnado de 6º de Primaria interpretando con instrumentos de láminas a panxoliña The First Noel. Aquí podedes ler algo sobre a historia desta canción tradicional do nadal Inglés: The First Noel en Wikipedia (en inglés).

Distribuir contido


by Dr. Radut