Skip to Content

contador gratis para blog

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020-2021

 

 A Consellería de Educación ven de publicar a  Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula  a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2020/21.

O prazo para presentar solicitudes rematará o día 19 de xuño de 2020 (este incluído).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía  telemática  no formulario normalizado (anexo I e II) dispoñible na  Sede electrónica  da Xunta de Galicia, ou accedendo á aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/)

Se non se pode facer de forma telemática, as familias poderán acudir ao centro a presentala. Para respectar as recomendacións de sanidade e facilitar o distanciamento social,  establécense as seguintes quendas,  referidas ao curso no que se matricula o alumno/a para o periodo 2020/21.

  Luns 25 a xoves 28 de maio  -------------------------------- 1º ESO e 2º ESO.

  Venres 29 de maio a mércores 3 de xuño-------------------- 3º e 4º de ESO.

   Xoves 4 a luns 8 de xuño----------------------------------------- 1º e 2º de Primaria.

   Martes 9 a venres 12 de xuño --------------------------------- 3º e 4º de Primaria.

   Luns 15 a  mércores 17 de xuño ----------------------------- 5º e 6º de Primaria.

 

Hai que presentar unha solicitude por familia, polo que as familias con fillos en distintos cursos acudirán na quenda que prefiran. Pregamos se respecte o calendario na medida do posible. O horario de atención será de 10 h a 13:30 h.

Pódense descargar de aquí os anexos I e II, e traelos cubertos para axilizar o proceso.

 ANEXO I e II

Ademáis dos impresos cubertos, débese entregar a seguinte documentación:

a) Libro de familia onde figuren todos os membros computables.

Só no caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2018, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:

- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

- Certificado ou volante de convivencia.

- Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

- Certificado de defunción

b) E de ser o caso:

- Grao de discapacidade: Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se non fose emitido pola Xunta de Galicia.

- Violencia de xénero: Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

- Incapacitación xudicial coa patria potestade prorrogada ou rehabilitada: Resolución xudicial.

       - Alumnado de EE, con discapacidade ≥65% ou en tutela ou garda da Xunta de Galicia: Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se non fose emitido pola Xunta de Galicia ou resolución administrativa ou xudicial xustificativa do acollemento ou do certificado do centro de menores.

A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.

 

Podedes consultar información máis detallada no seguinte documento: INFORMACION AXUDA LIBROS TEXTO

 

 

Lembramos o protocolo para acceder ao centro

 - Entra pola porta principal do edificio, que atoparás aberta. Fronte a ela atoparás a fiestra do despacho de xefatura, dende onde se te atenderá. En ningún caso deberás acceder a outros espazos do centro.

 -  Se hai alguén sendo atendido, non entres, espera no patio respectando a distancia de 2 metros entre persoas.

-   Xunto á fiestra atoparás unha mesa, con impresos, bolígrafo e xel para as mans, por se o precisaras.

-   A documentación  recollerase a través da fiestra, nunca accedendo directamente aos despachos.

 Para calquera consulta, chama ao teléfono do centro 988282169.

A finais de mes convocaremos ás familias para realizar o resto de trámites habituais a final de curso (matrícula, comedor, transporte, devolución de libros…) polo mesmo procedemento.

GRAZAS POLA COLABORACIÓN.

 



story | by Dr. Radut