APRENDENDO
PARA UN
MUNDO MELLOR
En relación ás axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos, lembramos que na medida do posible, a presentación das solicitudes deberá facerse a través da sede electrónica da Xunta, podese acceder a través desta ligazón:
ED601B - Ayuda extraordinaria comedores escolares.
Aquelas familias que non consigan solicitar a citada axuda a través da sede electrónica, deberán proporcionar ao centro os seguintes datos:
- Nome, apelidos e curso dos alumnos/as beneficiarios da axuda.
- Número de conta bancaria na que se quere recibir a axuda (IBAN).
- Nome e apelidos do titular da conta (TEN QUE SER NAI/PAI/OU TITOR LEGAL DO ALUMNO)
Para enviar estes datos, todas as familias recibirán unha mensaxe polo ABALAR Móbil. Deberán responder á mensaxe incluíndo os datos nela.
As familias que non reciban a mensaxe ou teñan dificultades para responder, poden chamar ao teléfono do centro en horario de 10 a 13, ou escribir a cpi.saleta.sancristovo@edu.xunta.es