O vindeiro martes día 23 de xuño, serán publicadas as cualificacións finais do alumnado para o curso 2019/2020. Atendendo ás recomendacións da Consellería de Educación, non se entregarán en papel, serán enviadas a través da plataforma de ABALAR Móbil.
Unha vez publicadas as notas, se as familias queren solicitar unha titoría, poderán facelo polo ABALAR Móbil ou chamando ao teléfono do centro.
O prazo para reclamacións en ESO será os días 23 e 25 de xuño.
Ese mesmo día comeza o prazo para realizar os trámites habituais de final de curso. Para evitar aglomeracións e desprazamentos innecesarios, establécense de novo quendas por cursos. Pregamos que acudan ao centro preferentemente na quenda correspondente, para realizar os seguintes trámites (AS FAMILIAS CON VARIOS FILLOS/AS PODERAN FACER OS TRÁMITES DE TODOS O MESMO DIA, NA QUENDA QUE PREFIRAN):
- Matrícula curso 2020/2021 (proporcionado polo centro/ pódese descargar aquí: matricula_inf_prim matricula_ESO
- Devolución de libros de texto de Fondo Solidario
- Devolución de libros da biblioteca e mochilas viaxeiras
- Solicitude de comedor, e impreso para colaborar no comedor para os interesados/as (porporcionados polo centro/ pódense descargar aquí: solicitude comedor impreso colaboración comedor)
- Recollida de material do alumnado que quedou no centro.
IMPORTANTE: As familias deberán traer os libros de texto, libros da biblioteca e mochilas viaxeiras nunha bolsa de plástico, onde se indique o nome e curso do alumno/a, que serán depositados nun lugar habilitado para tal fin.
MARTES 23 XUÑO e XOVES 25 XUÑO : Matrícula de 4º E 5º de Educación Primaria
VENRES 26 DE XUÑO A MARTES 30 XUÑO: Matrícula de 6º de Educación Primaria e 1º de ESO
MÉRCORES 1 XULLO A VENRES 3 DE XULLO: Matrícula de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria
LUNS 6 E MARTES 7 DE XULLO: Matrícula de 2º, 3º e 4º de ESO (SOLO ALUMNADO QUE APROBOU TODO EN XUÑO).
MÉRCORES 8 A VENRES 10 DE XULLO : Matrícula de Educación Infantil.
SOLO PARA ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR PRIMEIRA VEZ NO CENTRO.
O alumnado que se matricula por primeira vez no centro, deberá achegar a seguinte documentación (só aquela que non entregou na solicitude de admisión)
- Impreso para a Certificación Médica (proporcionado polo centro/pode descargala aquí: certif_medica)
- Fotocopia do Libro de Familia (follas onde están os país e o alumno/a)
- Fotocopia do DNI do alumno (se o ten)
- Fotocopia do DNI dos pais
- Fotocopia da Tarxeta Sanitaria ou Cartilla do Seguro.
- Certificado de empadroamento (pedilo no Concello)
- 6 fotografías tamaño carné (recentes)
- Se procede doutro centro: Certificado de estudos que está a realizar