APRENDENDO
PARA UN
MUNDO MELLOR
O vindeiro 1 de marzo inicia o prazo para presentación de solicitude de admisión para o vindeiro curso 2021-2022. A continuación detállase a información sobre o procedemento.
1. PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo de solicitude de admisión vai do 1 ao 22 de marzo.
2. DESTINATARIOS
- Só debe solicitar admisión o novo alumnado de Infantil, Primaria e ESO. Os alumnos que xa están matriculados neste Centro teñen, automaticamente, a reserva feita para o próximo curso 2021/2022.
-Cada alumno/a só pode presentar una única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.
- O alumnado que ten reservada praza neste centro, no caso de solicitar a admisión noutro Centro para o próximo curso, deberá facer a solicitude de admisión en dito Centro no prazo establecido a tal efecto e presentar unha copia de dita solicitude nesta Secretaría.
3. DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE PRESENTAR
- Anexo II (solicitude de admisión), debidamente asinado e cumprimentado. Pódese descargar aquí: Anexo II
- Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a. (DNI do alumno, ou libro de familia)
- Certificado oficial do expediente académico, no caso de alumnado de Primaria ou ESO procedente doutro centro.
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
4. MODALIDADES DE PRESENTACIÓN.
A solicitude de admisión e documentación adxunta poderanse presentar.
1. A través da aplicación informática “admisionalumnado” https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Ou a través da Sede Electrónica da Xunta con "certificado dixital" ou "Chave365".
2. Por correo electrónico, scaneado unha vez cuberto e debidamente asinado, a cpi.saleta.sancristovo@edu.xunta.gal.
3. Na secretaría do centro, en horario de 10:00 a 13:00 previa CITA. Dada a actual situación, deberán chamar ao centro 988783030, para poder ser atendidos.
-Despois do prazo de admisión publicaranse as distintas listas de admitidos/as, número de prazas ofertadas e datas para a formalización de matrícula, así como calquera outra información necesaria.
Máis información sobre o procedemento e prazos para matrícula 2021-2022 no seguinte documento. Matrícula 2021-2022.