PAIS E NAIS: PODEDES CONSULTAR AS DATAS DOS EXAMES EN "ALUMNADO".
En caso de dúbida por favor poñédevos en contacto co titor/a.
PAIS E NAIS: PODEDES CONSULTAR AS DATAS DOS EXAMES EN "ALUMNADO".
En caso de dúbida por favor poñédevos en contacto co titor/a.
Hoxe celebramos o Entroido no noso centro acompañados de un fabuloso día, dos pequechos das unitarias e grupos de mamás e papás que "incluso" viñan disfrazados.
Na Galería podedes ver fotos do evento.
Papás e mamás: se algún de vós está interesado nalgunha foto non dubidedes en contactar con nós. Hai moitas máis das que aparecen na galería.........
Se accededes a PRIMARIA, no apartado de EF podedes ver o "Entroido con un pouco de antelación".
Esperamos que vos guste!!!!!!!!!!
Accedendo a PLAN PROXECTA poderedes ver algunhas das actividades que se desenvolveron ou se están a desenvolver dentro do mesmo!!!!!!!!.
Grazas polo voso interese!!
Botádelle un vistazo a esta foto e consultade as bases para participar no 1º concurso de fotografía matemática
Podedes consultar as bases no arquivo adxunto
Tal e como se anunciou, tivo lugar o festival de Nadal, e ahí van algunhas fotos do evento
E claro, non podían faltar os reis...
Feliz ano a todos!!!
Informamos aos pais e nais da celebración do festival de Nadal o vindeiro venres 21 de decembro a partir das 10 da mañá. Haberá diferentes actuacións a cargo do alumnado como panxoliñas, bailes e pequenas representacións teatrais entre outras actividades. Estades todos convidados e contamos coa vosa presenza. Finalmente, desexámosvos unhas felices festas.
O sábado 16 de decembro tivo lugar no centro a entrega do premio Eusebio Lorenzo Baleirón, concedido este ano a Serxio Iglesias
No acto, estiveron presentes autoridades do Concello, o Conselleiro de Educación e o Director do centro, sen esquecer a presenza do propio Serxio Iglesias
O centro participou na lectura conxunta en homenaxe a Celso Emilio o 12/12/2012, ás 12:00. A actividade foi levada a cabo noutros
200 centros educativos
Arriba, unha das lecturas a ritmo de rap
Pais, nais, alumnado e profesorado concentráronse esta mañá para manifestar a súa oposición á nova Lei de Educación que pretende poñer en marcha o ministerio
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |