Skip to Content

Letras Galegas 2019

14/05/2019 19:25
Europe/Madrid

Este ano 2019 homenaxeamos a Antón Fraguas.

Antón Fraguas dedicou a vida ao estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía. 

A biografía de Antonio Fraguas é un percorrido por boa parte da historia galega do século XX. Entrou en contacto desde moi novo co galeguismo, cando estudou bacharelato en Pontevedra, unha etapa decisiva no rumbo que seguiría.

Foi, de feito, un dos fundadores, en 1923, da Sociedade de Lingua, nada co obxectivo de defender o galego e de elaborar un dicionario. Xa na etapa universitaria en Santiago ingresou, en 1924, nas Irmandades da Fala e colaborou co SEG, do que logo sería membro numerario.

Antonio Fraguas escribiu sobre xeografía, cunha proposta de comarcalización da que aínda se pode seguir tirando proveito; cultivou a historia, deixando biografías de personaxes ilustres como Murguía ou Castelao e a que foi a súa tese de doutoramento, sobre o Colexio de Fonseca da Universidade de Santiago de Compostela; e fixo tamén achegas á arqueoloxía. Pero o campo no que quizais máis destacou foi o do estudo da cultura campesiña, e en especial da súa parte espiritual. Festas, crenzas, romarías, cantigas, usos e costumes, dicires etc. aparecen nos seus ensaios e conferencias que eran, en palabras do profesor Eiras Roel, non só amenos relatos, senón unha manifestación temperá e adiantada para Galicia do que hoxe se deu en chamar a historia das mentalidades.

Parece que este ano estamos a renderlle homenaxe a un dos grandes da defensa da lingua. É por iso a nos no colexio nos pareceu un bo xeito de estar a súa altura reflexar de algunha forma o noso amor pola lingua escribindo palabras en galego que nos gustan ou nos resultan bonitas.

Fixemos entre todos os alumn@s e profesores un mural que aqui vos deixamos onde recollemos estas verbas queridas.

 

 

Concerto didáctico de Pablo Carpintero

14/05/2019 19:17
Europe/Madrid

Para os que non coñezades ainda a Pablo Carpintero unha pequena introdución:

Pablo Carpintero Arias, nado en Castro (Carballedo) o 20 de abril de 1969, é un músico, artesán e investigador galego.

É doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela onde foi profesor de bioquímica.

É membro directivo da Asociación de Gaiteiros Galegos e dirixe dous grupos de recuperación de tradicións musicais galegas: A Requinta de Xián e o Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia

 


Pois si, tivemos o privilexio de contar con el e con máis a súa muller para contarnos cousas tan interesantes como que os nenos en realidade son os argalleiros dos instrumentos musicais.

Ambos os dous demostraron e expuxeron a súa arte tanto na fabricación de instrumentos coma na forma de interpretar e presentarnolos.

 

Xeoparque do Caurel

 

Si, xa é unha realidade. No noso colexio estamos moi contentos de anunciar tamén esta boa nova.

 

Temos o primeiro Xeoparque Mundial de Galicia. O título, co que contan na actualidade un cento de localización en todo o mundo, recoñece espazos "onde as paisaxes e lugares de relevancia xeolóxica internacional son xestionadas a seguir un concepto holístico de protección, educación e desenvolvemento sustentable". A candidatura a esta declaración promóvese desde 2016 polos concellos de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil en colaboración co grupo de desenvolvemento rural Sil-Bibei-Navea. O espazo súmase aos doce xeoparques recoñecidos no conxunto do Estado.

Estas dúas palabras son claves porque como centro educativo apoiamos e seguiremos apoiando a riqueza cultural e xeolóxica que temos ao noso carón.

Imaxe relacionada

 

Convivencia co cole da Pobra do Brollón.

O pasado dia 11 de abril tivemos unha visita moi especial que se ven repetndo cada dous anos no noso centro. Viñeron os alumnos/as e profes do colexio de Pobra do Brollón.

 

Aqui podedes ver que chegaron con ganas ao noso cole de pasalo ben. Démoslles a benvida dun xeito agarimoso e logo os maiores de 3º a 6º de primaria foron facer unha ruta fantástica para coñecer algúns dos miradores máis fermosos da contorna do noso concello. Todo isto axudados das explicacións dun experto como é Ramón que xa nos viñera explicar moitas cousas sobre o proxecto do XEOPARQUE DO CAUREL.

Os máis pequenos visitamos os dous museos de Quiroga, o xeolóxico e o etnolóxico. Neles puidemos aprender moitas cousas moi interesantes sobre como se recolle o mel, o proceso de elaboración do aceite, como eran as cociñas de antano,etc. 

 

Ata nos ensinaron unha pequena escola da que seguramente empregaran na época dos nosos abos e aboas.

 

E vimos o decorado da película do Apóstolo!!!

A verdade é que a mañá deu para moito aos peques ainda nos deu tempo de estrear xuntos o parque da praia de San Clodio e desfrutámolo un montón.

 

Logo xuntámonos todos no cole e tivemos un xantar conxunto onde nos entregamos uns agasallos como xesto de amizade.

Bueno esperamos que estas convivencias sigan acontecendo entre os nosos coles moitos anos máis, aqui vos deixo unha foto conxunta de todos os nenos e nenas!!

 

O día da árbore

30/03/2019 01:22
Europe/Madrid

O pasado dia 21 de marzo celebramos o día da árbore.

A deputación de Lugo fíxonos chegar un bidueiro que os nosos pequenos bautizaron como Jeff, a arboriña. 

Como o tempo acompañaba sacamos os nosos agasallos, uns libros que viñan tamén con Jeff e puxémonos a ler desfrutando do campo.

 

Os rapaces maiores léronlles aos máis noviños.

Esperamos que o ano que ven Jeff medre moito, coidarémolo todos os dias do ano non so o 21.

O entroido move o corpo

Este entroido fomos visitados pola muller de xeo, que foi o noso meco. Todos/as participamos de maneira activa nas comandas do meco.

Tamén fixemos as nosas comadres e os nosos compadres, aquí vos deixo unha foto que demostra que os rapaces e as súas familias se esforzaron moito por conseguir uns superheróes e superheroínas fabulosos!

Tamén tivemos un taller para facer as famosas máscaras do entroido tradicional galego, aqui podemos ver a un peliqueiro de Laza que pasou polo cole.

Xogamos, aprendemos cousas novas do entroido e fixemos unha coreografía digna de calquer bon salón de baile!

O ENTROIDO MOVE O CORPO! Que xa nolo dicía Paco Nogueiras na súa canción

Homenaxe a Rosalia

 

O pasado día 24 de febreiro conmemorouse como cada ano o nacemento de Rosalía de Castro, ao cadrar en domingo nos decidimos trasladar esta data de recordo a este pasado luns 25 de febreiro. Cada nena/o leeu unha estrofa ou verso dalgúns poemas da autora. quí vos deixamos un video (ficheiro adxunto) para ver que ben o fixeron! Rosalía estaría orgullosa!

 Resultado de imaxes para rosalia de castro

 

O nadal, en Galego!

18/01/2019 17:09
Europe/Madrid

Este Nadal no cole quixemos facerlle unha homenaxe ao galego, empregando palabras fermosas e facendo coas nosas familias unhas postais moi fermosas que logo leemos a todos/as e colgámolas da nosa árbore!

Festa de Samaín

A festa do Samaín, do magosto e máis o Halloween xuntáronse no noso colexio este ano.

E digo eu... que mellor que festexar por triple!!

 

Aqui vos deixamos un video  ( ficheiro adxunto)que resume moi ben unha xornada chea de xogos, cabazas super orixinais, música, jedis, castañas asadas,etc.

 

 

 

 

Sementando nabos

Estivemos a traballar a reo para poñer en marcha a futura recolleita para o 2019.

E, como vendes na foto non plantamos calque cousa! Nabo de Lugo, que xa se sabe que non o hai mellor! Manolo foi repartindo a semente e nos fómola mesturando coa area e esparcindo pola terra que xa estaba sabiamente laboreada!! Asi da gusto!

Os nen@s de infantil

Os do primeiro grupo

E os do segundo grupo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut