Skip to Content

Festa fin de curso

O pasado día 21 de xuño rematou o curso escolar 2023/2024 e para celebralo todo o alumnado puido disfrutar e saltar nas colchonetas.

Que ben o pasamos!

Disfrutade moito do verán, vémonos en setembro!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Festa de fin de curso

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Visita dos bombeiros

O pasado venres tivemos a visita dos bombeiros, os cales nos explicaron como debemos actuar en situacións de incendio. Ademais ensinaron tanto ao alumnado, profesorado e as familias como usar os extintores e como realizar as manobras de primeiros auxilios. Unha formación moi importante para todos/as.

 

Moitas grazas!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Bombeiros

Despedida do horto

O pasado xoves realizamos a derradeira visita ao horto, onde puidemos comprobar como creceron as prantas que anteriormente plantaramos. E despedímonos do horto ata o curso que ven !!

Moitas grazas a todos/as pola vosa colaboración.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Despedida do horto

DE FESTA CON ANTÍA!

O 4 de xuño tivemos o último aniversario na clase das Estreliñas. Nesta ocasión tocoulle a Antía que xa fixo 5 anos!!

Como xa é tradición, os seus compañeiros/as fixéronlle un debuxo para elaborar o seu libriño. A continuación, Antía repartiu a torta e soplou as candeas mentres todos cantabamos as cancións típicas dos cumpreanos.

Logo, soamente quedou gozar do día entre todos que sen dúbida ao ser un día de festa estivo fenomenal!

Moitas felicidades Antía, desexamos verte así sempre de leda!!!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Cumpreanos Antía

Excursión fin de curso

No día de hoxe realizamos a excursión de final de curso, visitamos o parque Binatur, situado en Léon. E onde o alumnado pasou un día formidable, e puideron disfrutar de diferentes actividades como escalada no rocódromo, camas elásticas, tirolinas, tiro con arco, paintball ou rodillo acuático entre outras.

Ademais puidemos ver os animais que teñen alí no propio parque como: coellos, cabras, galiñas e ocas.

Dende logo todo este día foi unha máxica aventura. Deixámosvos moitas instantáneas para que as podades desfrutar!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Excursión fin de curso

Visita ao IES de Quiroga

O pasado día 29 de Maio o alumnado de 6º curso de Educación Primaria visitou as instalacións do IES de Quiroga, o cal será o centro no que o alumnado continúe os seus estudos de Educación Secundaria Obrigatoria (E.S.O).

Deixámosvos unhas imaxes da nosa visita!

 

Álbum: Curso 2023-2024 -> Visita IES de Quiroga

Talleres Xeoparque do Courel

O pasado día 28 de Maio visitamos o paseo fluvial de Quiroga, onde puidemos desfrutar dun día onde o alumnado realizou diferentes talleres con actividades relacionadas coa flora e fauna da zona, enmarcadas dentro do Xeoparque do Courel.

Todos os nenos e nenas do cole puideron desfrutar desta aprendizaxe tan interesante. Pero para que poidades aprecialo moito mellor, deixámosvos algunhas imaxes do ben que o pasaron e o moito que aprenderon!

Disfrutádeas!

Álbum: Curso 2023-2024 -> Visita paseo fluvial de Quiroga

Menú do mes de Xuño

Bo día! A continuación deixámosvos o menú do mes de Xuño.

Distribuir contido


by Dr. Radut