Skip to Content

Escolares, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Ed. infantil, Idioma estranxeiro

Convivencia co cole da Pobra do Brollón.

O pasado dia 11 de abril tivemos unha visita moi especial que se ven repetndo cada dous anos no noso centro. Viñeron os alumnos/as e profes do colexio de Pobra do Brollón.

 

Aqui podedes ver que chegaron con ganas ao noso cole de pasalo ben. Démoslles a benvida dun xeito agarimoso e logo os maiores de 3º a 6º de primaria foron facer unha ruta fantástica para coñecer algúns dos miradores máis fermosos da contorna do noso concello. Todo isto axudados das explicacións dun experto como é Ramón que xa nos viñera explicar moitas cousas sobre o proxecto do XEOPARQUE DO CAUREL.

Os máis pequenos visitamos os dous museos de Quiroga, o xeolóxico e o etnolóxico. Neles puidemos aprender moitas cousas moi interesantes sobre como se recolle o mel, o proceso de elaboración do aceite, como eran as cociñas de antano,etc. 

 

Ata nos ensinaron unha pequena escola da que seguramente empregaran na época dos nosos abos e aboas.

 

E vimos o decorado da película do Apóstolo!!!

A verdade é que a mañá deu para moito aos peques ainda nos deu tempo de estrear xuntos o parque da praia de San Clodio e desfrutámolo un montón.

 

Logo xuntámonos todos no cole e tivemos un xantar conxunto onde nos entregamos uns agasallos como xesto de amizade.

Bueno esperamos que estas convivencias sigan acontecendo entre os nosos coles moitos anos máis, aqui vos deixo unha foto conxunta de todos os nenos e nenas!!

 

Día da árbore e da auga

O 21 de marzo, ao entrar a primavera celebramos ao carón do rio Sil, na área recreativa da Pena da Mula en San Clodio o DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA.

Ao loureiro que prantamos puxémoslle "Xulio César", por que será?.

Regámolo ben e agora teremos que coidalo.

PEREXILEANDO

O noso cociñeiro Javier.

Din alá por Riotorto que para nacer o perexil ten que ser sementado polas mans dun pícaro. Neste caso non foi un só cativo senón os 15 alumnos e alumnas da aula de infantil os que, polo mes de setembro, sementaron nunha maceta esta culinaria.

Pasado o tempo e a piques de entrar no mes de Nadal, temos unhas fermosas plantiñas que estamos a transplantar reutilizando as garrafas baleiras da auga que consumimos no comedor escolar. 

Imos colocando as macetiñas entre o dobre ventanal do comedor esperando que, na primavera, Javier (o noso Arguiñano da Frieira),  poida empregar nos seus pratos este interesado agasallo que lle fixemos.

Día da Paz

O pasado venres, 28 de decembro celebramos o "DÍA DA PAZ", que se celebra a nivel mundial o 30 de xaneiro, que cadraba en domingo, de aí que o adiantásemos.

Ao longo de toda a semana realizamos actividades relacionadas con esta celebración nas aulas e o venres pola tarde visionamos unha película titulada "Kirikú e a bruxa" na que se amosaban valores relacionados coa "PAZ".

Festival de Nadal

22/12/2010 12:00
22/12/2010 13:15
Etc/GMT

O vindeiro mércores, 22 de decembro ás 12 do mediodía terá lugar no comedor do centro o FESTIVAL DE NADAL no que participarán con diversas interpretacións, cómicas, musicais e literarias os alumnos e alumnas dos diferentes grupos.

Están convidadas tódalas persoas que desexen asistir.

Ao remate do acto visitará o colexio PAPÁ NOËL e serviranse doces típicos destas datas.

Un outono atarefado

 

Estes días andamos que non damos feito: que se o Magosto, o Samaín, contadas, obradoiros de expresión corporal e artística...

Os alumnos e alumnas do primeiro grupo contando o seu conto de medo

O pasado venres, 5 de outubro na última sesión da mañá acudimos á biblioteca do centro para participar nunha actividade de animación á lectura que tiña como eixo central as historias de medo. Suevia, de Infantil; tódolos alumnos do primeiro grupo, así como o director, Manuel contáronnos historias verdadeiramente terroríficas que nos fixeron estremecer co medo. Antes de esta actividade e para ir entrando en materia inauguramos a exposición de cabazas que fixemos coa profesora Lucía.

A profesora Lucía está a colocar as cabazas axudada polos seus alumnos e alumnas

Ese mesmo día, pero xa pola tarde, no patio do colexio participamos en diferentes actividades lúdicas que tiñan como nexo común as castañas: bailes e xogos como "Na procura da castaña" axudáronnos a facer un oco no estómago para logo dar boa conta de castañas asadas regadas con batidos de chocolate.

Fabián apuntado para encestar a castaña

E para completar este abano tan grade de actividades, este luns visitounos no colexio, tal e como estaba anunciado nesta mesma páxina web, o artista fonsagradino Xoán Curiel acompañado da súa inseparable guitarra. Xoán fíxonos pasar un anaco ben divertido realizando actividades musicais e de expresión corporal.

Xoán Curiel coa súa inseparable guitarra

Aprender a contar

08/11/2010 12:00
08/11/2010 13:00
Etc/GMT

Xoán Curiel á guitarraO vindeiro oito de novembro achegarase ata o colexio o artista polifacético Xoán Curiel, que xa estivo en Ribas de Sil o pasado verán ofrecendo un concerto, pero nesta ocasión visítanos para ensinarnos a contar contos.

Para saber máis sobre Xoán Curiel podes visitar a súa completísima páxina web pinchando aquí.

Animaladas con arte

O pasado mércores, 20 de outubro tivemos que madrugar unha chisquiña máis do habitual (ben, houbo quen incluso non conseguíu conciliar correctamente o sono pola emoción) xa que nos desprazamos ata o parque "Marcelle Natureza", que se atopa en San Martín de Guillar no Concello limítrofe a Lugo de Outeiro de Rei. Algúns de nós xa coñeciamos as instalacións e incluso a moitos dos animais que as habitan á beira do Miño no seu curso alto, pero aínda coñecendo é todo sempre é emocionante, divertido e instructivo darse unha volta polo lugar para recoñecer ou coñecer animais como o porco vietnamita (que algún de nós se empeñou en rebautizalo como "dinamita"), a pita de auga ou a arrepiante pitón, unha serpe enorme que metía medo mirar para ela. Se queredes saber máis sobre o parque de Natureza "Marcelle" podedes picar no seguinte enlace.

Xa pola tarde, logo de encher o bandullo e de baixar a comida nun recinto de xogos que había en "Marcelle" collimos de novo o autobús para ir á capital da provincia. Non houbo que andar moito pois, como xa dixen, Outeiro de Rei está pretiño. En Lugo visitamos unha exposición de arte titulada Miradas. "Realidades, expresións, tramas" que se mostra na Sala de Exposicións do Centro Sociocultural Caixa Galicia. Alí, unha monitora moi instruida e amable chamada Ruth mostrounos diferentes obras de autores galegos como Caxigueiro, de Mondoñedo ou Roberto González, de Monforte de Lemos e iniciamos un obradoiro de arte que, pola falta de tempo non poidemos rematar alí pero trouxemos os materiais para continuar traballando no colexio. Para saber máis sobre a exposición que visitamos poder premer neste enlace.

Dentro de pouco abriremos unha nova galería coas fotografías que sacamos nestra viaxe tan instructiva.

Un novo curso

Estamos a vivir o inicio dun novo curso escolar que nos levará desde setembro de 2010 ata xuño de 2011 con ilusión por aprender, compartir e, en definitva vivir experiencias que nos resulten de probeito para formarnos como persoas.

Ao longo deste curso iremos incorporando as informacións e actividades destacadas neste espazo virtual que é a páxina web do centro para que todos e todas podades seguir a actualidade do CEIP de San Clodio.

Agardamos que a información que aquí tratemos sexa útil e do voso agrado.

XOGOS PARA NENOS E NENAS CON GANAS DE APRENDER!!!

moitas direccións EDUCATIVAS para nenos!!!

       ARCOIRIS.com      JUEDULAND.com        VEDOQUE.com   zona clic      web antiga do ceip arzúa     PEKEGIFS.com 

 

LAS3MELLIZAS.com         CHILDTOPIA.com   

INTERNENES

Distribuir contido


by Dr. Radut