Din alá por Riotorto que para nacer o perexil ten que ser sementado polas mans dun pícaro. Neste caso non foi un só cativo senón os 15 alumnos e alumnas da aula de infantil os que, polo mes de setembro, sementaron nunha maceta esta culinaria.
Pasado o tempo e a piques de entrar no mes de Nadal, temos unhas fermosas plantiñas que estamos a transplantar reutilizando as garrafas baleiras da auga que consumimos no comedor escolar.
Imos colocando as macetiñas entre o dobre ventanal do comedor esperando que, na primavera, Javier (o noso Arguiñano da Frieira), poida empregar nos seus pratos este interesado agasallo que lle fixemos.