Skip to Content

Música

Brinca Vai

Resultado de imaxes para brinca vai

“BRINCA VAI!” é un libro para ler, ver e escoitar. Un  feixe de cancións para toda a familia que de seguro vos acompañarán aló onde vaiades.

 

“BRINCA VAI!” son 12 cancións para os 12 meses do ano, todas elas compostas e interpretadas por Paco Nogueiras nun amplo abano de estilos musicais: techno, rock, folc, reggae ou música electrónica.

 

Con esta carta de presentación non vos podedes perder a actuación de Paco Nogueiras o dia 29 de outubro as 15:00 no noso concello!!!

 

No CEIP de San Clodio gústanos mover o esquelete asi que aqui vos deixamos un adianto do que aló imos ver, e de paso a ver se podemos aprendela para o Samaín!! Ide ensaiando!!

 

https://www.youtube.com/watch?v=2x3puRGW7f8

Coñecemos a ópera

Os rapaces e rapazas do segundo grupo ( 4º,5º e 6º de primaria) están a descubrir algo sobre o xénero operístico.

Comezamos pola obertura de ópera Carmen de George Bizet, xa somos quen de acompañala con percusión corporal e máis con instrumentos de pequena percusión de altura indeterminada.

 

https://www.youtube.com/watch?v=OJe6reeG8_8

 

Aqui vos deixamos o enlace para seguir a practicala na casa! O noso corpo é un isntrumentos marabilloso. Senón botádelle un ollo ao grupo Mayumaná!!

 

https://www.youtube.com/watch?v=B2UcIaIe2xE

 

E por último aqui vos deixo unha imaxe coa partitura rítmica para practicar!

 

Resultado de imaxes para musicograma wix carmen

 

XOGOS DE MÚSICA

                

  

   aprendomusica.com  crescendo

MUSICA GALEGA   MUSICA en CLIC 

Distribuir contido


by Dr. Radut