Skip to Content

Complementarias

O entroido move o corpo

Este entroido fomos visitados pola muller de xeo, que foi o noso meco. Todos/as participamos de maneira activa nas comandas do meco.

Tamén fixemos as nosas comadres e os nosos compadres, aquí vos deixo unha foto que demostra que os rapaces e as súas familias se esforzaron moito por conseguir uns superheróes e superheroínas fabulosos!

Tamén tivemos un taller para facer as famosas máscaras do entroido tradicional galego, aqui podemos ver a un peliqueiro de Laza que pasou polo cole.

Xogamos, aprendemos cousas novas do entroido e fixemos unha coreografía digna de calquer bon salón de baile!

O ENTROIDO MOVE O CORPO! Que xa nolo dicía Paco Nogueiras na súa canción

Recollemos os froitos

Pasou o verán e toca a satisfación de recoller os froitos do que anteriormente foi sembrado.

 

Temos moito que agradecer aos colaboradores do noso horto, pais e nais que se preocuparon por axudarnos a obter o que estades vendo.

 

O outono chegou e é hora de poñerse mans á obra e volver a empezar a pensar en plantalo.

Polo de agora os nabos xa están na terra!

III ANDAINA ESCOLAR POLO CAMIÑO DE INVERNO

O martes 16 de outubro realizamos unha andaina escolar con outros centros da comarca, todo gracias a iniciativa e colaboración da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra.

 

Fixemos dentro da etapa Monforte- Chantada un tramo de 5 km dende a igrexa de San Paio de Diomundi a San Pedro de Líncora. Todo isto camiñando por unha calzada romana, nos codos de Belesar e entre fermosos bancais e viñedos cruzando o río Miño por Belesar.

Paramos a facer un descanso na Adega Via Romana, e participamos dunha entrevista para a radio Onda Cero.

 

Foi un dia de diversión e deporte! Aqui vos podemos mostrar algúns recordos!

 

 

 

 

 

Xornadas audiovisuais "Un universo de cine no teu concello"

O CEIP de San Clodio vai a participar nunhas xornadas de cine que se organizan en colaboración co OGDR Ribeira Sacra- Courel no noso concello. Serán uns talleres que se realizarán no centro e na localidade de San Clodio os días 15, 19 e 24.

 

Na primeira xornada veremos a proxeción dun documental da Ribeira Sacra quiado por unha nena. A evolución das videocámaras nos últimos 25 anos e a posta en común das ideas que poidan xurdir para a preparación do noso video.

 

Na segunda xornada definiremos o guión, sairemos as rúas a grabar e faremos algunha entrevista.

 

Na derradeira xornada visionaremos o noso material!!

 

Por uns intres o concello de San Clodio será o noso plató de cine e nos as estrelas!!Sorriso

 

Resultado de imaxes para un universo de cine no teu concello

 

Aqui podedes apreciar que temos un gran dominio coa cámara...

 

Pero tamén é importante saber cousas máis técnicas e para iso que mellor que ter a dous expertos dentro da nosa aula! Moitas grazas!

A vaca que puxo un ovo

Un libro un amigo

Visita a biblioteca no teu tempo de lecer.


CEIP San Clodio

Distribuir contido


by Dr. Radut