O pasado martes, 29 de mayo realizamos unha viaxe de estudios co patrocinio da Excema. Deputación Provincial de Lugo a través do programa Km0. Visitamos o Pazo de San Marcos, sede da Deputación, a Fundación TIC e os concellos de Abadín, Alfoz e Mondoñedo para facer a ruta de Pardo de Cela.
Os amigos da Fundación TIC fixeron un video que poder ver pichando aquí.
Para curso que vai comezar precísase un pai, nai ou titor/a legar dos alumnos/as matriculados/as no centro que se preste para facer apoio no Comedor Escolar do centro.
Os interesados ou interesadas poden consultar máis información e presentar a súa solicitude na Dirección do centro.
Co a finalidade de potenciar o consumo de peixe fresco o C.E.I.P. de San Clodio en colaboración coa Consellería do mar pon en marcha un programa de consumo de peixe fresco que se iniciou o pasado xoves e que se desenvolverá ao longo do mes de marzo. Pizza de troita ou Rodaballo ao forno con patacas panadeira son algúns dos pratos que se poderán degustar no comedor do colexión de San Clodio incluídos neste programa.