Skip to Content

Blogues

MENÚ NOVEMBRO

Vampiros de Samaín!

 

E nun abrir e pechar de ollos, chegamos á data máis terrorífica do ano e que aos nenos lles encanta. Polo tanto, na aula dos máis pequenos do colexio, fixemos uns vampiros que meten moito medo. Para iso, e dentro de Voz Natura, reciclamos rolos de papel hixiénico e os pintamos de cor negro.

A continuación pegamos as diferentes parte da cara e do corpo e o resultado da calafríos!

 

   

 

 

OURIZOS DE OUTONO!

 

Seguindo co noso proxecto do outono e investigando cales son os animais típicos desta época, atopámonos cos ourizos. Porén, non eran uns ourizos calquera, senón que perdera as súas espiñas.

 

Así pois, utilizamos unha nova técnica que non probaramos antes para pintar, o uso de garfos!! Isto aporta diferentes beneficios como por exemplo o interese visual e táctil.

 

 

      

 

 

Así mesmo é unha forma divertida e creativa de experimentar con ferramentas e materiais variados de pintura fóra dos convencionais e que podedes probar nos vosos fogares.

A eles encantáronlles!

 

Día das Bibliotecas

O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. A nós, como sabedes, encántanos aproveitar calquer momento para acudir á biblioteca do cole. 

    

 

Así, celebramos este día de maneira sinxela, reuníndonos todos na biblioteca onde os máis grandes léronlle contos aos máis pequenos. Foi un rato tranquilo de lectura compartida no que os nenos e nenas desfrutaron de historias contadas polos seus compañeiros/as.

 

   

 

Creouse un momento especial que nos recordou o valioso que é  conectar a través da lectura!

 

Halloween in the US

 

Temos a sorte de que durante este curso acompáñanos Brynn, a nosa auxiliar de conversa que ven dende os Estados Unidos!

Encantounos a presentación que nos preparou sobre as tradicións de Halloween no seu país. Mostrounos como a súa famila decora a casa e compartiu os seus disfraces favoritos. Falounos tamén da costume de "Trick-o-Treating" e das receitas típicas deste época (que máis de un xa dixo que ía intentar replicar en casa!)

Ademais, ensinounos vocabulario relacionado con Halloween e recomendou varias películas que seguro farán que a celebración sexa máis divertida.

 

 

 

 

Moitas gracias Brynn!

Happy Halloween!

Retos de comprensión lectora - Samaín

 

Ao comezo desta semana, na biblioteca do noso cole, apareceron unhos retos de comprensión lectora ca temática do Samaín...

 

 

 

 

 

Cada un de nós ten un carnet no que debemos apuntar os retos que superamos, e súa temática e totalmente aterradora!

 

Entre os retos atópanse actividades como ler textos sobre personaxes típicos desta época e responder preguntas sobre eles, ler o inicio dunha historia de medo e inventar o resto ou crear pócemas e feitizos para diferentes situacións.

 

   

 

 

O mellor de todo é que, ademais de practicar a comprensión lectora mentres nos divertimos, tamén traballamos a autonomía e a responsabiliodade pois debemos escoller nós mesmos os retos a completar, decidir a orde na que os facemos e xestionar o noso tempo tendo que rematar os retos antes do Samaín!

 

 

 

Durante esta semana seguiremos desfrutando e aprendendo nesta emocionante aventura de lectura!

 

Biblioteca de Samaín

 

Durante estes días na biblioteca temos un rincón especial de Samaín, cheo de libros e contos perfectos para desfrutar lendo xuntos!

 

             

 

 

Entre os libros de Samaín, podemos atoparnos con Mortiña, Anna Kadabra e Amelia Fang personaxes que aos nenos e nenas lles encantan e que xa coñecen moi ben!

Tamén atopamos clásicos como "Onde viven os monstros" (Título orixinal: Where the Wild Things Are) do autor Maurice Sendak ou libros de misterio e aventura como "Caramomia".

Non deixedes de visitar este rincón de Samaín para descubir todas as historias que agocha! 

 

Tempo de Samaín

 

 

No cole xa comezamos a decorar para celebrar o Samaín a próxima semana!

 

 

 

 

Os nenos e nenas, xunto cas súas familias, traballaron moito para crear coroas de porta que comezan a encher os espazos do cole.

 

 

 

 

Moi bo traballo! Son moi creativas e teñen un toque espeluznante que as fai aínda máis especiais. Pronto compartiremos máis! 

 

Os nosos mouchos!

 

No noso centro e en concreto na aula dos meus soles encántanos reciclar, polo que esta proposta é ideal para o noso programa de Voz Natura.

Así pois e debido á entrada da estación do outono fixemos uns mouchos. Para iso, primeiramente fomos buscar follas secas das diferentes cores do outono e logo as metimos nunha bolsa de plástico que as usamos no supermercado para mercar froita.

 

 

 

A continuación, picamos e pegamos os ollos, nariz e patas e o resultado final foi excelente!!

 

 

 

 

Unha vez máis, sodes uns artistas!! 

 

Premede aquí para ver máis imaxes.

Concurso Samaín

Distribuir contido


by Dr. Radut