Skip to Content

Blogues

RESERVA DE MATRÍCULA CURSO 24/25

Desde o 15 de xaneiro e ata o 5 de febreiro, ambos inclusive, estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de reserva para alumnado de nova incorporación ao centro e alumnos de 6º de primaria que vaian ao instituto.

Estas solicitudes estarán dispoñibles na web https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ prestándose as mesmas de xeito presencial en dirección ou por sede electrónica. 

 

Ante calquera dúbida, acudide ao centro ou chamade sen problema. 

Un saúdo,

Ángela

Menú do mes de Xaneiro

Bo día! A continuación deixámosvos o menú do mes de Xaneiro.    

Día contra a violencia de xénero

O pasado día 24 de Novembro, dende o CEIP San Clodio conmemoramos o día contra a violencia de xénero. Todo o alumnado elaborou un mural onde deixaron pegadas a marca das súas mans e escribiron unha frase en contra da violencia de xénero, por último os alumnos/as de 4º, 5º e 6º leron un pequeno manifesto feito por eles

 

Menú do mes de Decembro

Bo día! A continuación deixámosvos o menú do mes de Decembro.

.

MOCHILAS VIAXEIRAS!

A nosa mascota de biblioteca “Claudiño” tróuxonos un agasallo: A nosa mochila viaxeira!! Así pois comezou a aventura de percorrer todos os fogares das Estreliñas para enchelo de letras, imaxinación e xogos.

Cada dúas semanas visitarán un novo fogar e cada quen acollerá e gozará dos seus contidos en compaña da súa familia co fin de levar o cole á casiña.

Nesta ocasión, a primeira en levala foi unha das nosas estreliñas pequeniñas, Claudia. Ensinounos fotiños coa súa familia e contounos o que máis lle gustou da mochila. Soamente hai que ver a cara de ilusión e o feliz que estivo con ela!

Moitas grazas tamén as familias por implicarse neste proxecto.

A viaxar!!!!

Menú do mes de Novembro

Bo día! A continuación deixámosvos o menú do mes de Novembro.

Bo proveito!

Concurso de Samaín

Bos días familias! Achegámosvos o terrórifico cartel que fixemos para o noso concurso de Samaín. Como xa sabedes, este ano decidimos optar pola creación duns terroríficos monstros. No cartel tedes toda a información!

 

 

 

 

OS 3 ANOS DE LUCAS

Nesta semana a aula de Educación Infantil estivo de festa. Despois de traballar moito co centro de interese do outono, celebraron o aniversario de Lucas que por fin xa ten 3 aniños! Os seus compañeir@s fixéronlle un debuxo cada un de agasallo, cantaron a canción e sopraron as candeas da tarta máis bonita e rica de todas! Dende logo, foi o rei da aula! Moitos parabéns, Lucas!!!

Menú do mes de Outubro

Bo día! A continuación deixámosvos o menú do mes de Outubro.

Bo proveito!

Listaxe de material Educación Infantil e Primaria

Bo día, a continuación adxuntamos a listaxe de material necesario para Educación Infantil e Primaria. 

Distribuir contido


by Dr. Radut